Club de lectura

A primeira sesión deste curso (luns 7 de novembro) do “Club de lectura da Biblioteca do Val do Tea” centrase na lectura de “As aventuras de Ulises. La historia de la Odisea” adaptación do clásico de Homero de Rosemary Sutcliff.
Algúns do club, que xa leran esta adaptación atrevéronse coa obra de Homero, os outros leron a adaptación, que ademais está fermosamente ilustrada (Alan Lee)

ADAPTACIÓNS DE OBRAS CLÁSICAS

Para os que queirades seguir nesta línea de adaptacións de clásicos greco-latinos e temática mitolóxica, dicir que da mesma autora e na mesma colección de clásicos adaptados de Vicens-Vives tedes

“Naves negras ante Troya. La historia de la Ilíada, de Homero”


“En busca de una patria. La historia de la Eneida, de Virgilio”
de Penelope Lively

“Jasón y los argonautas” e “Hércules” de James Riordan

(Procedencia das imaxes)

Todas estas adaptacións e outras coma a de “El Cid”, “El lazarillo”, “El conde Lucanor” tédelas na biblioteca.

LECTURAS ONLINE DOS CLÁSICOS

A obra de Homero podedes lela online picando neste enlace a Bibliotecas Virtuales La Odisea
neste outro tedes La Ilíada e neste terceiro La Eneida

Aquí vos enlazo un vídeo dun audiolibro

Para saber algo máis acerca dos autores, do grego Homero e do latino Virxilio remítovos ós seguintes enlaces.
Homero
Virxilio

A ODISEA LEVADA Ó CINE

A Odisea foi levada ó cine por Andrei Konchalovsky no 1997. Os intérpretes principais
Armand Assante, Greta Scacchi, Geraldine Chaplin, Isabella Rossellini, Christopher Lee, Irene Papas, entre outros.

(Procedencia da imaxe)

Non temos aínda esta película na biblioteca, pero podedes descargala neste enlace:Películas Yonkis

Hai outra versión italiana de Mario Camerini moito máis antiga que se titula “Ulises”, protagonizada por un xoven Kirk Douglas (é do ano 1954) e na que tamén intervén Anthony Quin que podedes descargar neste enlace:
Cinetube

A ODISEA E A MÚSICA

A obra de Homero tamén inspirou poemas que logo inspiraron cancións. Como exemplo enlázovos dous vídeos, un co poema “Retorno a Itaca” do poeta grego Konstandinos Kavafis na voz do cantautor català Lluis Llach. Está subtitulado en castelá.

E neste outro vídeo vaivos a versión do cantautor madrileño Javier Krahe, da historia de Odiseo, o título é “Como Ulises”. Xa sabedes que Odiseo é o nome grego (que deu nome a epopeya) e Ulises o nome latino.

As obras clásicas e os seus personaxes inspiraron a outros autores ó longo da historia da literatura, xa viades antes o poema de Kavafis que recrea o tema do regreso do heroe.

Imos rematar a entrada cunha alusión a outro autor que tivo moita fixación con Ulises: o arxentino Jorge L. Borges.

Deixovos aquí o seu soneto titulado “La odisea”

Ya la espada de hierro ha ejecutado

la debida labor de la venganza;

ya los ásperos dardos y la lanza

la sangre del perverso han prodigado.

A despecho de un dios y de sus mares

a su reino y su reina ha vuelto Ulises,

a despecho de un dios y de los grises

vientos y del estrépito de Ares.

Ya en el amor del compartido lecho

duerme la clara reina sobre el pecho

de su rey, pero ¿dónde está aquel hombre

que en los días y noches del destierro

erraba por el mundo como un perro

y decía que Nadie era su nombre?

E se queredes profundizar na relación deste autor co mundo clásico, picando aquí tedes un artículo resulta moi interesante.

Advertisements

3 thoughts on “Club de lectura

  1. O libro de “Las aventuras de Ulises” foi un libro moi interesante e entretido gustoume especialmente a parte na que aparecia o cíclope pola súa enormidade e a sua forma de vida.

    • Grazas, Viana, polo teu comentario. Xa sabemos que ben que sentiches non poder asistir ó club, pero é o que pasa cando se está en varias cousas á vez. Espero que saia estupendamente ese espectáculo de títeres que estades a preparar.

  2. Krahe! Para os malos momentos non hai nada como o humor intelixente.
    Adiante e azos para a travesía. Coma Ulises.

Os comentarios están pechados.