Miniconcurso de formación de usuarios

A comezos de curso tivemos durante un par de semanas a formación de usuarios/-as. Cada grupo baixou co seu profesor correspondente en horas de titorías ou clase para que se lles presentara a biblioteca do centro e o seu funcionamento.

Máis tarde, co motivo da semana da biblioteca escolar, os de 1º da ESO, que son as novas incorporacións ó centro, tiveron as Xincanas de biblioteca, nas que tiveron que poñer a proba o aprendido nas horas de formación.

Agora imos acabar facendo un minicuestionario no blog para comprobar que sabedes o básico para movervos na biblioteca. Este pode ser o comezo dunha serie por iso as preguntas son moi moi sinxeliñas.

A ver como resulta, imos aló.

Advertisements