Misión en 1º ESO A

O martes, día 15, comezamos a “misión pedagóxica” en  1º ESO A.

A sorpresa inicial dos rapaces ó atoparse a súa aula decorada co museo ambulante foi evidente, aínda que os fotografiamos de espalda.

Á primeria hora, na que tiñan titoría, presentámoslle a actividade e deixamos tamén na aula a “biblioteca ambulante” (picade sobre a imaxe para ver o contido)

Á quinta hora do mesmo martes os compañeiros de 2º de Bacharelato (Lázaro, Eva, as dúas Saras, Daffny e Luisa) foron a explicarlles  As Meninas, O Guernica, O matrimonio Arnolfini e A Gioconda. Fixérono moi ben a pesar das presas do primeiro día. Dámoslle as grazas a Ángela, a profesora de arte, que nos botou un cable en algún momento da explicación e a Loreto, aínda que “in absentia”,  pola selección musical coa que completamos a explicación. Quedamos á espera de que Berto, o profe de Debuxo,  nos pase as versións que fixeron os alumnos/-as do cadro que máis lles gustou.

Tedes información sobre todos cadros expostos picando sobre o título:

O bodegón de Popova, O Xardín das delicias, O nacemento de Venus, A lección de anatomía, O galo de Chagall.

O mércores na hora de Lingua Castelá os compañeiros do BiblioTea fixeron a estrea da obra de Federico García Lorca, “La niña que riega la albahaca y el príncipe preguntón”.

Esta obriña de títeres de Federico García Lorca, como dicía Esmeralda, a profe de Lingua Castelá e directora do grupo de titiriteiros, ben puido ser representada no marco das verdadeiras misións pedagóxicas da Segunda República, pois o poeta granadino foi un dos intelectuais “misioneiros”.

Mentras os rapaces de 1º A estaban no patio escoitando a Paco, compañeiro do Equipo de Biblioteca e do Equipo de Dinamización Lingüística, que os poñía ó tanto das actividades da bibliotecana súa aula a nosa compañía de titiriteiros apurábanse para ter todo a punto para a estrea…… e despois de preparar todo o atrezzo isto foi o que saíu trala lectura que fixo Carme da vida e obra de García Lorca.

Estupenda actuación por parte dos alumnos/-as do BiblioTea.

Hoxe, xoves, proxectamos a película Amanecer e con ela rematamos a misión en 1º A, aínda que os cadros poderán seguir disfrutando deles ata o luns.Agardamos os comentarios que os alumnos/-as receptores da misión: 1º ESO A, nos vaian facendo chegar. Mentras tanto nós xa imos preparando o traslado da misión para 1º B. Alí estará desde o martes 22.

Advertisements

11 thoughts on “Misión en 1º ESO A

  1. Ala Paulaaa…..que pelotón acabamos de facer tanto ti coma mín ós profes. E ti tamén a Sheila e Inés juummmm!!! que é miña prima e non túa, ehhh!!! jajaja é broma!! a verdade é que estivo xenial, esperemos que este luns nos saia igual ou mellor de ben a nosa 2º actuacion en 1º ESO B
    SAUDIÑOS!!!!!

  2. Eu estou de acordo con Lucía,xa que os titiriteiros disfrutamos e rímosnos moito facendo esta obriña.Tamén estou dacordo con ela no bo traballo que fixeron Esme (nos ensaios) e Rodri (coa decoracion e pola regadeira que fixo para mín, la niña-niña) e por suposto,non o podo negar,o comportamento do público foi moi bo e agradécese.
    E xa que estou aquí quero darlles as grazas as excompañeiras Xeyla e Inés polas súas felicitacións, alégrome de que vos gustara,e tamén darllelas ós de 1º da ESO

    • Jeje!!!! Moitísimas grazas, Paula……. Xa sabes que todo o que faga o instituto, e sobre todo se é organizado pola biblio, gusta sempre…. (eu tamén fago peloteo a pesares de non estar aí)….
      Aproveito tamén para dicir que ao igual que Inés, penso que a algúns (máis ben algunhas) nos gustaría estar aí, aínda que só sexa nestes pequenas cousas que son moi grandes……. (e xa sei que vos regalei un ano máis… jeje!!)
      Sorte a tod@s e seguide así!!!!
      Bicos para tod@s sen choiva!!!!! 🙂

  3. Noraboa a tod@s polo traballo!!! a algúns gustaríanos estar aí convosco!!!! e tamén noraboa polo novo blog, que vexo que comeza a ter éxito(esperemos que por moito tempo)!!!!!
    saúdos a todos!!!!!!

    • Grazas, Inés, por visitarnos e seguirnos virtualmente. Pero, malo sería se aínda estiverades aquí con nós, ou? Xa tivestes a vosa oportunidade e moito nos axudastes, agora toca implicarse noutras historias. Sorte e adiante.

  4. Estivo moi ben todo o que fixestes na clase 1 º A. Os cadros bonitos A Monalisa,as Meninas,o cadro de Picasso,etc.Explicaron ben os compañeiros de 2 º de bachalerato e un saúdo para todos !!!

    • Grazas, Breixo, polo comentario. Alegrámosnos de que vos gusten as actividades. E sobre todo que apreciedes o que fan para vós outros compañeiros. Saúdiños.

  5. Grazas polo que fixestes na nosa aula estivo moi ben e os titiriteiros estiveron xenial grazas a todos e tamén ós de bacherelato que nos explicaron os cadros A MONA LISA, O MATRIMONIO ARNOLFINI, AS MENINAS, que por certo, unha era de Ponteareas-UN CADRO DE PICASSO QUE NON ESCOITEI COMO SE CHAMABA
    pero en fin estivo moi ben que pena que o luns xa o haxa que quitar
    un saúdo

    • O cadro de Picasso é “O Guernica”, Antonio. Moitas grazas polos teus comentarios e, desde aquí xa aproveito para darvos as grazas ós demais comentaristas. Cheguei hoxe e atopeime con este alud de comentarios ós que non vou contestar un por un, porque ando algo cansa. Pero que saibades que os lemos e os agradecemos.
      Efectivamente, hoxe luns, xa pasamos o “museo ambulante” para a aula de 1º B. Grazas, moitísimas grazas ós de 1º A polo interés con que os coidastes, que xa sabemos que houbo imprevistos que fixeron perigar a integridade do “museo”. Menos mal que había vos coidadores para collelos ó vóo antes de que caesen ó chán.
      Esperamos sexan igual de ben recibidos na aula colindante.

  6. Esta obra de titeres estivo xenial!!!! Eu fun unha das que actuei por primeia vez e a verdade é que os rapaces de 1º ESO A estiveron moi atentos e portaronse moi moi ben, moitas grazas por iso!!!!
    Tamen dicirlle a Esme que o fixo moi ben nos ensaios previos a realizar a obra e tamen a Rodri, o profe de bioloxía, que foi un verdadeiro artista deseñando o escenario!!!!
    Moitas gracias profes e alumn@s por facer que os titiriteiros o pasaran xenial actuando para tod@s vos!!!! un biquiño

  7. Como sempre todo marabilloso… Os cadros, a biblioteca ambulante e a representación de títeres (Esme pode estar moi contenta co traballo que fixo, e co ben que o fixo… como sempre….) quedou precioso. Fixestes un gran traballo… Aplaudovos a tod@s (alumn@s e profes) polo empeño e esforzo que puxestes…
    Bicos titiriteiros con moito cariño!!! 🙂

Os comentarios están pechados.