Misión en 1º B

Onte, luns 28 rematamos a “misión en 1º B”. Coma sempre, presentamos a misión o martes pasado á primeira hora e deixamos alí a Biblioteca ambulante (O cofre pirata) Ese mesmo día os compañeiros de 2º de bacharelato explicáronlle algúns dos cadros.O mércores tiveron a súa sesión de cinema (Amanecer)

E o luns remataron a misión coa actuación do grupo BiblioTea. Mentras os titiriteiros preparaban o escenario na aula

os de 1º B facíanlle unha visita guiada ó blog da man da profesora de Lingua Castelá (grazas, Laura)

Cando xa todo estaba listo na aula, así de contentos chegaban os espectadores.

E finalmente aquí temos a representación. Estes titiriteiros despídense xa que en 1º C e 1º D, representará outra parte do BiblioTea. Desta vez conseguimos grabar a obriña completa. Grazas a Lucía, Paula, Iván, María e Carme.

Advertisements

3 thoughts on “Misión en 1º B

  1. Y si somos los mejores, bueno y qué? y si somos los mejores, bueno y qué? y si somos los mejores y si somos los mejores, bueno y qué?.A verdade que a atuación en 1º B saiunos peor porque nos deu un ataque de risa,pero así cando vexamos o vídeo rirémonos sobretodo na parte na que a negra (Lucía)estaba falando e sona o “trompetín de la risa”
    Un bico a todas.

  2. A cara dos rapaces cando entraron na aula si que foi de asombro total!!! Non lle sacaron ollo ao escenario para a representación…
    Vexo que os alumnos aplaudiron ahí…. pero eu aplaudovos a tod@s dende Santiago!!!
    Un saúdo para tod@s!!!! E seguide así de ben!!!!
    P.S.: A ver cando paso de visita… que a verdade é que boto todo un “pouquichiño” en falta!! 🙂

  3. Aihh!!! o principe preguntón enfermou de melancolía, e eu me parece que tamén, xa que esta era a última vez que os titiriteiros do grupo A actuábamos, que pena porque se pasa xenial facéndolles unha obra de títeres ós de 1º da ESO, que lle agradecemos a súa colaboracion xa que estiveron moi atentos e moi caladiños, e o resto dos titiriteiros dicirlle que somos os mellores e que o fixemos sen dúbida xenial!!!! Un biquiño a tod@as.

Os comentarios están pechados.