Despedida e peche (de ano e de misións)

Hoxe, martes 20, despedimos as misións deste curso en 1º de ESO no Val do Tea.

Proxectamos para todos os primeiros no Salón de Actos o documental de Gonzalo Tapia de Acia Films, do que vos deixamos aquí o enlace por se queredes velo en algún momento.

Despois de toda a que montamos nas aulas de 1º e todas as entradas que fixemos no blog, hai alguén no Val do Tea que poida dicir “que é ou era iso das “misións pedagóxicas”?

Por se alguén non tivese claro a relación misións-bibliotecas, citamos textualmente estes dous parágrafos do artigo de Alfonso Guerra, “Las Misiones Pedagógicas y La Barraca. La cultura en la II República” Letra Internacional nº 100, Otoño 2008. (Podedes lelo íntegro picando enriba)

“A la llegada de la República, España era un país sin bibliotecas. Para dar una respuesta a esta lamentable realidad los gobiernos de la República crearán dos tipos: las municipales y las de las Misiones Pedagógicas. Las primeras se organizaban a petición de cualquier municipio. Eran pequeñas bibliotecas de unos quinientos títulos, que tuvieron un altísimo grado de utilización.
En cuanto a las Misiones Pedagógicas, gastaron el 60% de sus reservas en la creación de bibliotecas allí donde nunca había llegado el libro. Y ello porque en contrario a las otras actividades de las Misiones, las bibliotecas no tenían sólo vida durante la visita de las Misiones, sino que permanecían. Cada biblioteca estaba compuesta por cien libros cuidadosamente elegidos por María Moliner, su hermana Matilde, Luis Cernuda y otros colaboradores.”
(Foto de arquivo histórico)

(Foto do noso arquivo)

     Agardámosvos aquí á volta das vacacións con novas actividades. Polo de agora temos previsto realizar o “obradoiro de rutinas cómicas” para formar da mán dun profesional do humor, Fran (os que fixestes o ano pasado o “obradoiro de clown” xa o coñecedes), a este grupiño de titiriteiros que son o BiblioTea.

Advertisements

Misión 1º D

Hoxe rematamos as misións pedagóxicas deste curso 2011-12 co noso paso por 1º D. Comezamos o martes pasado, como viñamos facendo cada semana nas diferentes aulas, presentando o museo ambulante, parte do cal explicaron os compañeiros de 2º de Bacharelato e deixando tamén na aula a biblioteca ambulante: o cofre pirata.

O xoves pasado pasou pola aula o noso “cine ambulante” e  hoxe, luns, finalmente chegaron os moi esperados titiriteiros. Fixérono francamente ben, xa van tendo táboas. De tan bon grado representan que, facéndoselles pouco as misións, van representar mañá na biblioteca (cada grupo nun recreo)  para todos os compañeiros/-as e profesores/-as que os queirades ver.

Desta vez amosámosvos un vídeo no que os vemos un pouco detrás do teatriño. E tamén neste vídeo lle damos maior protagonismo ó público, que temos que dicir que foi moi agradecido, prodigando risas e alborozo.

Tedes tamén unha pequena exposición de obras de monicreques exposta na biblioteca, picade sobre a foto para ver a guía.

Las lágrimas del asesino, un libro “raro”

O pasado luns 5 de decembro tivemos a xuntanza do club de lectura para poñer en común o que deixou en nós esa novela.

Estabamos os de sempre e tamén Elisa ( antiga alumna que veu compartir connosco non bocata, pero si lectura). Hemos dicir que o adxectivo que mellor califica á novela é o de “rara”. Pedro foi o primeiro en dicilo, mais todos e todas se sumaron de contado. A “rareza” reside, sobre todo, no feito de que os protagonistas da novela son un asasino, Ángel Alegría, e un rapaz, Paolo. E que establecen entre eles unha relación de cariño e aprendizaxe moi profunda. Iso xa é, canto menos, curioso.

Outros calificativos que tamén se sentaron ” á mesa” da novela foron o de triste (comentábano María e máis Viana), a pesar de que hai un optimismo latente que percorre a novela ( esta xa é unha apreciación subxectiva da redactora desta crónica ). E de medo. Todos insistiron en que se trataba dun medo máis ben “íntimo”, un medo de adentro, ese que debe de supoñer coñecer a un asasino e ver que tamén ten zonas de luz. As que lle regalou Paolo ( segundo Elisa). Tamén falamos da intriga que hai na obra. Mantense, certamente, nas persecucións dos protagonistas (cando Paolo escapa e Ángel Alegría sae buscalo) ou no personaxe de Delia. Hai, polo tanto, medo e intriga, pero tamén é unha novela de amor, non só o “de parella” que xorde entre Luis e Delia, senón o que se vai fraguando entre Ángel e Paolo ( que decide, nun momento dado deixar a Paolo co leñador_ personaxe que nos gustou a moitas, por certo_ ao decatarse, de que el xa non podía ofrecerlle máis ao rapaz). Tamén amor é o que se establece entre Paolo e Luis. Os maiores chegan incluso a sentir ciumes un do outro.E, se hai algo que está implícito no amor son as metamorfoses.

” Hay metamorfosis muy dicretas- prosiguió el leñador_. Las que tienen lugar en nuestra alma, por ejemplo, no siempre son visibles.”

Todos os personaxes están a vivir metamorfoses.. Asistimos a moitas pero, tal vez, a máis poderosa sexa a que “obrou” Paolo en Ángel( comentaba Elisa).

Non nos pasou desapercibida a paisaxe. Tratase dun espazo moi simbólico que pode ser espello do que están a vivir os personaxes. Velaquí un fragmento da novela que reflicte esa paisaxe desacougante e incerta da Patagonia chilena, cerca de Magallanes. Se puidesemos mirar as almas dos protagonistas é probable que tamén atoparamos unha paisaxe así, desoladora e fermosa. Nesa paisaxe rocosa e hostil ocurriu a miragre de que varios seres se comprenderan e se enriquecesen.

” Aquí nadie llegaba por casualidad. Porque esto era el fin del mundo, el extremo sur de Chile, la recoratada costa que bordea las frías aguas del Pacífico.
En esta zona todo era tan duro, tan desolador, era tal el azote del viento, que se diría que sufráin hasta las piedras. Sin embargo, justo antes del desierto y del mar, se alzaba una estrecha construcción de muros grises: era la granja de los Poloverdo. (…)”

” (…) El decorado no había cambiado. Era siempre el mismo paisaje rocoso, hostil. Las piedras del camino, las rocas horadando el suelo, el vasto desierto aplastado por el cielo, batido por el viento, azotado por las lluvias, ese jirón de Chile en que los hombres deben luchar para mantenerse en pie. (…)”

E ben, se Paolo descubriu a poesía con Luis , nós tamén quixemos achegarnos ao Neruda máis coñecido, o do amor. Velaquí o terceto que aparece na novela:

Mi corazón sigue cortando el bosque,
cantando con las sierras en la lluvia,
moliendo frío y aserrín y aroma.

” Donde nace la lluvia”

Pero tamén ao Neruda máis descoñecido e vangardista, por iso nos deslizamos polas páxinas de Libro de las preguntas, unha “marabilla nerudiana” coa que nos agasalla a editorial Media Vaca.

Máis non queremos quedar en débeda con ninguén. Se Luis lle amosou a Paolo a poesía, o leñador achegoullle unha maneira de vivir, as telas de Veermer e tamén a Bach ( que escoitamos en CD, porque non sabiamos que María o interpretaba ao piano, porque de sabelo pediamoslle un directo). E Ángel deulle, entre moitas outras cousas, un zorro.Polo tanto trouxemos un zorro literario, o de El principito.

Quedaron moitas cousas por dicir, xa que é esta unha histora que dá para moito. Podedes seguir comentándo aquí,mentras ides lendo a próxima que será:  As confesións de Carlota Doyle, de Avi. Comentarémola, con Paco, o primeiro luns de xaneiro, o día 9. Isto é chegar e encher…

Grazas, Elisa, por vir.

Misión en 1º C

Estamos a piques de rematar o trimestre e as “misións pedagóxicas” do Val do Tea tamén se acercan ó seu final.

Despois do descanso desta “semana intermitente”, pasaremos o museo ambulante a 1º D e remataremos. Neste artigo amosámosvos as fotos e vídeos de 1º C.

A biblioteca ambulante, que xa pasou por 1º A, é a “Pista de circo“. (Picade sobre a imaxe para ver o contido)

Os compañeiros de 2º continúan facendo as súas explicacións dos cadros. Lázaro explícanos neste vídeo algo das “Meninas”.

As dúas Saras explícannos “O matrimonio Arnolfini”.

Daffny explícanos a “Mona Lisa”.

Aquí estrenáronse a outra parte do BiblioTea. Temos un grupo moi nutrido de colaboradores, razón pola que tivemos que facer dous grupiños de titiriteiros: uns representaron en 1º A e B e os outros en 1º C e D. Fixaivos que éxito!, acabamos de comezar e xa temos dúas seccións na compañía!!!. Estes son o grupo junior, a canteira, pois son maioritariamente alumnos/-as de 1º de ESO. Sede benevolentes con eles porque os nervios de actuar diante dos propios compañeiros de clase ás veces traizoáronos un chisco. Pero fixérono moi ben (requeteben) e, sobre todo, con moita ilusión. Vós mesmos podedes velo neste vídeo (o final é unha explosión de bon humor)

E con isto deixámovos ata a próxima semana con 1º D. Agardamos que a misión lles chegue coma un fermoso colofón ós exames da 1ª avaliación.