Las lágrimas del asesino, un libro “raro”

O pasado luns 5 de decembro tivemos a xuntanza do club de lectura para poñer en común o que deixou en nós esa novela.

Estabamos os de sempre e tamén Elisa ( antiga alumna que veu compartir connosco non bocata, pero si lectura). Hemos dicir que o adxectivo que mellor califica á novela é o de “rara”. Pedro foi o primeiro en dicilo, mais todos e todas se sumaron de contado. A “rareza” reside, sobre todo, no feito de que os protagonistas da novela son un asasino, Ángel Alegría, e un rapaz, Paolo. E que establecen entre eles unha relación de cariño e aprendizaxe moi profunda. Iso xa é, canto menos, curioso.

Outros calificativos que tamén se sentaron ” á mesa” da novela foron o de triste (comentábano María e máis Viana), a pesar de que hai un optimismo latente que percorre a novela ( esta xa é unha apreciación subxectiva da redactora desta crónica ). E de medo. Todos insistiron en que se trataba dun medo máis ben “íntimo”, un medo de adentro, ese que debe de supoñer coñecer a un asasino e ver que tamén ten zonas de luz. As que lle regalou Paolo ( segundo Elisa). Tamén falamos da intriga que hai na obra. Mantense, certamente, nas persecucións dos protagonistas (cando Paolo escapa e Ángel Alegría sae buscalo) ou no personaxe de Delia. Hai, polo tanto, medo e intriga, pero tamén é unha novela de amor, non só o “de parella” que xorde entre Luis e Delia, senón o que se vai fraguando entre Ángel e Paolo ( que decide, nun momento dado deixar a Paolo co leñador_ personaxe que nos gustou a moitas, por certo_ ao decatarse, de que el xa non podía ofrecerlle máis ao rapaz). Tamén amor é o que se establece entre Paolo e Luis. Os maiores chegan incluso a sentir ciumes un do outro.E, se hai algo que está implícito no amor son as metamorfoses.

” Hay metamorfosis muy dicretas- prosiguió el leñador_. Las que tienen lugar en nuestra alma, por ejemplo, no siempre son visibles.”

Todos os personaxes están a vivir metamorfoses.. Asistimos a moitas pero, tal vez, a máis poderosa sexa a que “obrou” Paolo en Ángel( comentaba Elisa).

Non nos pasou desapercibida a paisaxe. Tratase dun espazo moi simbólico que pode ser espello do que están a vivir os personaxes. Velaquí un fragmento da novela que reflicte esa paisaxe desacougante e incerta da Patagonia chilena, cerca de Magallanes. Se puidesemos mirar as almas dos protagonistas é probable que tamén atoparamos unha paisaxe así, desoladora e fermosa. Nesa paisaxe rocosa e hostil ocurriu a miragre de que varios seres se comprenderan e se enriquecesen.

” Aquí nadie llegaba por casualidad. Porque esto era el fin del mundo, el extremo sur de Chile, la recoratada costa que bordea las frías aguas del Pacífico.
En esta zona todo era tan duro, tan desolador, era tal el azote del viento, que se diría que sufráin hasta las piedras. Sin embargo, justo antes del desierto y del mar, se alzaba una estrecha construcción de muros grises: era la granja de los Poloverdo. (…)”

” (…) El decorado no había cambiado. Era siempre el mismo paisaje rocoso, hostil. Las piedras del camino, las rocas horadando el suelo, el vasto desierto aplastado por el cielo, batido por el viento, azotado por las lluvias, ese jirón de Chile en que los hombres deben luchar para mantenerse en pie. (…)”

E ben, se Paolo descubriu a poesía con Luis , nós tamén quixemos achegarnos ao Neruda máis coñecido, o do amor. Velaquí o terceto que aparece na novela:

Mi corazón sigue cortando el bosque,
cantando con las sierras en la lluvia,
moliendo frío y aserrín y aroma.

” Donde nace la lluvia”

Pero tamén ao Neruda máis descoñecido e vangardista, por iso nos deslizamos polas páxinas de Libro de las preguntas, unha “marabilla nerudiana” coa que nos agasalla a editorial Media Vaca.

Máis non queremos quedar en débeda con ninguén. Se Luis lle amosou a Paolo a poesía, o leñador achegoullle unha maneira de vivir, as telas de Veermer e tamén a Bach ( que escoitamos en CD, porque non sabiamos que María o interpretaba ao piano, porque de sabelo pediamoslle un directo). E Ángel deulle, entre moitas outras cousas, un zorro.Polo tanto trouxemos un zorro literario, o de El principito.

Quedaron moitas cousas por dicir, xa que é esta unha histora que dá para moito. Podedes seguir comentándo aquí,mentras ides lendo a próxima que será:  As confesións de Carlota Doyle, de Avi. Comentarémola, con Paco, o primeiro luns de xaneiro, o día 9. Isto é chegar e encher…

Grazas, Elisa, por vir.

Advertisements

2 thoughts on “Las lágrimas del asesino, un libro “raro”

  1. Moitas, moitísimas cousas quedaron por dicir. Pouco tempo para un libro tan grande (e non por extensión). Quixera facer mención dun parágrafo no que vexo todo o sentimento da novela agochado:
    -Esta mañana, apareciendo en el camino de la casa, cuatro hombres mandados por las autoridades habían conseguido destruir la frágil felicidad que un niño creía tener entre sus dedos. Habían demostrado que eran más fuertes y poderosos que el caramelito amarillo.
    Y ellos estaban convencidos de que aquello era una hazaña.

    Para min foi un verdadeiro pracer asitir a este encontro e volver a disfrutar (por segunda vez) da lectura de Las lágrimas del asesino.
    Cánto nos poden dar os libros!
    Grazas de todo corazón Esme, xa o sabes.

  2. “Raro”… un bo adxectivo para definir este libro… eu diria que é un pouco “diferente”.
    Lin este libro xa hai uns poucos de anos (estaba en primeiro ou segundo da ESO, non me lembro moi ben… o único que sei é que xa choveu daquela…) e a verdade é que me gustara bastante. Teño que dicir que xa non me lembraba moito del, pero lendo a entrada acordeime que foi un dos libros que me fixo achegarme un pouco a Neruda (por certo, moi bonito o vídeo). Dos persoaxes si que só me acordo (levemente) dos protagonistas; do leñador si que non me lembraba nin por asomo, agora xa o recordo un pouco máis (pero só que aparecía… non me pidades moito máis).
    Xa que se citou a Neruda e o seu libro das preguntas… eu traiovos o libro “El soñador” (escrito por Pam Muñoz Ryan e ilustrado por Peter Sís). Está inspirado no citado libro e conta a infancia do poeta.
    E entre un asasino e un poeta… eu despidome (polo de agora).
    Un saúdo e un abrazo moi forte para tod@s!!!!!!!!!!!!! 🙂

Os comentarios están pechados.