Misión 1º D

Hoxe rematamos as misións pedagóxicas deste curso 2011-12 co noso paso por 1º D. Comezamos o martes pasado, como viñamos facendo cada semana nas diferentes aulas, presentando o museo ambulante, parte do cal explicaron os compañeiros de 2º de Bacharelato e deixando tamén na aula a biblioteca ambulante: o cofre pirata.

O xoves pasado pasou pola aula o noso “cine ambulante” e  hoxe, luns, finalmente chegaron os moi esperados titiriteiros. Fixérono francamente ben, xa van tendo táboas. De tan bon grado representan que, facéndoselles pouco as misións, van representar mañá na biblioteca (cada grupo nun recreo)  para todos os compañeiros/-as e profesores/-as que os queirades ver.

Desta vez amosámosvos un vídeo no que os vemos un pouco detrás do teatriño. E tamén neste vídeo lle damos maior protagonismo ó público, que temos que dicir que foi moi agradecido, prodigando risas e alborozo.

Tedes tamén unha pequena exposición de obras de monicreques exposta na biblioteca, picade sobre a foto para ver a guía.

Advertisements