Despedida e peche (de ano e de misións)

Hoxe, martes 20, despedimos as misións deste curso en 1º de ESO no Val do Tea.

Proxectamos para todos os primeiros no Salón de Actos o documental de Gonzalo Tapia de Acia Films, do que vos deixamos aquí o enlace por se queredes velo en algún momento.

Despois de toda a que montamos nas aulas de 1º e todas as entradas que fixemos no blog, hai alguén no Val do Tea que poida dicir “que é ou era iso das “misións pedagóxicas”?

Por se alguén non tivese claro a relación misións-bibliotecas, citamos textualmente estes dous parágrafos do artigo de Alfonso Guerra, “Las Misiones Pedagógicas y La Barraca. La cultura en la II República” Letra Internacional nº 100, Otoño 2008. (Podedes lelo íntegro picando enriba)

“A la llegada de la República, España era un país sin bibliotecas. Para dar una respuesta a esta lamentable realidad los gobiernos de la República crearán dos tipos: las municipales y las de las Misiones Pedagógicas. Las primeras se organizaban a petición de cualquier municipio. Eran pequeñas bibliotecas de unos quinientos títulos, que tuvieron un altísimo grado de utilización.
En cuanto a las Misiones Pedagógicas, gastaron el 60% de sus reservas en la creación de bibliotecas allí donde nunca había llegado el libro. Y ello porque en contrario a las otras actividades de las Misiones, las bibliotecas no tenían sólo vida durante la visita de las Misiones, sino que permanecían. Cada biblioteca estaba compuesta por cien libros cuidadosamente elegidos por María Moliner, su hermana Matilde, Luis Cernuda y otros colaboradores.”
(Foto de arquivo histórico)

(Foto do noso arquivo)

     Agardámosvos aquí á volta das vacacións con novas actividades. Polo de agora temos previsto realizar o “obradoiro de rutinas cómicas” para formar da mán dun profesional do humor, Fran (os que fixestes o ano pasado o “obradoiro de clown” xa o coñecedes), a este grupiño de titiriteiros que son o BiblioTea.

2 opinións sobre “Despedida e peche (de ano e de misións)

  1. A verdade e que ten razón Sheila, é unha pena que as misións se acaben porque é todo un pracer axudar e sobre todo o que mais me gustou foi representar a obra de titeres, que pena non poder volver facelo.
    Eu tamen vos desexo que teñades unhas moi boas felices festas e que entredes no novo ano con moita forza e moito animo.
    Un biquiño..!!!

  2. Toda unha pena que remate o ano e con el as misións… pero todo ten un final.
    Gustáronme moito as misións deste ano… e as obras de teatro fixéronme rir moito… (como me gustaría estar ahí para velo todo máis de preto!!). Un bo traballo… tanto por parte d@s alum@s como d@s profes!!
    Se rematástedes así de ben o ano e o vades empezar con máis actividades e da man de Fran… todo é unha marabilla. (Por certo saudade a Fran da miña parte!!) Eu que fixen ese taller foi todo un pracer contar con el e ter representado aquelas pequeniñas escenas tan graciosas (un día destes volverémolas representar!! jeje!!)
    Decirvos a tod@s que teñades unhas felices festas e que entredes con bo pé no ano novo que logo comeza.
    Saúdos, abrazos e bicos para tod@s!!!!! 🙂

Os comentarios están pechados.