Xuntanza do club arredor das confesións de Carlota Doyle

Fomos chegando aos poucos, pero chegamos, e ao final houbo quorum. A xuntanza foise desenvolvendo entre risas, parrafeos e intercambios de opinión a boca chea, e o que máis e o que menos participou animadamente da conversa, que non sempre versou sobre o libro en cuestión. Como aperitivo e mais sobremesa comemos galletas mariñeiras ou pan de barco, para írmonos ambientando na trama dunha novela de aventuras á vella usanza, cun forte ritmo narrativo e cuns personaxes ben definidos. Un libro dos que chaman por ti na mesa de noite. A sinopse da contracuberta reza o seguinte:

Carlota é unha rapaza de trece anos que emprende unha viaxe desde Liverpool
(Inglaterra) ata Providence (Estados Unidos) a bordo do Seahawk, un enigmático barco
gobernado polo capitán Jaggery no que moi poucos mariñeiros se queren enrolar. Carlota
Doyle nunca poderá prever os terribles sucesos dos que vai ser protagonista e que transformarán por completo a súa vida.

Xa cos bandullos satisfeitos, visualizamos unha presentación sobre a obra e fomos comentando aspectos e curiosidades que nos levaron ao peche da reunión, non sen antes recoller os restos do xantar.

Unha boa maneira, sen dúbida, de comezar o ano.

Advertisements

2 thoughts on “Xuntanza do club arredor das confesións de Carlota Doyle

  1. Unha mágoa non coñecer antes as mariñeiras sen sal, que lle acaían bastante mellor á sobremesa cás salgadas. O certo é que, con ou sen mariñeiras, foi toda unha experiencia tratar con estes “enérxicos” lectores.

  2. Máis vale tarde ca nunca…Aínda no tivera tempo de pararme con calma no artigo, e menos de comentar algo, pero gustoume moito esa estupenda presentación que deixas ó final. Ah! e as mariñeiras moi boas tamén para degustar en terra, xa sexan as orixinais ou a versión sen sal.

Os comentarios están pechados.