Teatro e comedia na biblioteca

Na biblio, seguimos abrindo telón. Se non nos chegaba cos monicreques, agora deunos pola comedia.

Damas e cabaleiros, “ladies and gentlemen”, rapaces e rapaces!!!! Xa comezou o taller de teatro e comedia que se está a realizar no instituto. Empezou o día 18 de xaneiro e rematará o mércores 15 de febreiro.

Como cabía supoñer o grupo que asiste ao taller está integrado por moitos dos rapaces e rapazas do Club de lectura, algún membro do BiblioTea e outros alumnos do insti.  Xa se lles vía que tiñan todos madeira de actores e de actrices e agora están traballando ese talento, esa gracia, ese donaire, esa comicidade, ese xesto… con Fran Rei  ( membro da compañía Os sete magníficos máis un)  que é quen imparte o curso.

Os alumnos e alumnas escoitan...

( e miran) con atención as explicacións do profe porque...

non queren perder detalle dos códigos e dos "trucos" da comedia.

Están a elaborar pequenos sketches cómicos creados por eles mesmos a partir de improvisacións.  Na creación, xa sabedes, non hai límites, mais eles teñen un: todos os traballos creados han de ter relación co mundo do ensino. Agora que corren malos tempos para a educación, imos ver como ven os nosos alumnos e alumnas (e algunha profe) o mundo do ensino tamizado, filtrado pola risa, polo código da comedia. Agora só queda esperar para ver o estreno.

Comeza o xogo do teatro

e eles saben "xogalo" ben.

Que sigan ensaiando!!!


Advertisements