Unha rosa é unha rosa: pétalo a pétalo

O luns 5 de marzo tivemos a xuntanza do Club de lectura. Lemos Unha rosa é unha rosa de Suso de Toro.

Ainda que non estiveron todos os asistentes habituais a obriña deu de si. Moitos dos rapaces nunca leran teatro, viran teatro, pero non leran. Por iso comentamos as peculiaridades do xénero como texto literario. Explicado isto, comezamos polo principio: polo título. E, para facelo desfixemos o primeiro pétalo da rosa co poema de Gertrude Stein “Unha rosa é unha rosa”.

Una rosa es una rosa es una rosa es una rosa
Yo soy Rosa mis ojos son azules
yo soy Rosa quién eres tú
yo soy Rosa y cuando canto
yo soy Rosa como toda cosa.

O que é , é, e non hai maneira de cambialo. Démoslle voltas a se ese sería o sentido ou non do título da obra. A subtítulo tampouco nos quedou claro. O do medo era unha ironía, claro está. ( Na comedia, xa sabedes, “pasan ironías!”).

Despois, seguimos tirando de rosas e escoitamos a canción de Mecano “Una rosa es una rosa”. Desfixemos o segundo pétalo.

Terceiro pétalo, vimos fragmentos da obra de teatro.

Comparamos a imaxe que tiñamos nós dos personaxes coa que nos amosou Teatro do Noroeste.  Non nos cadraba o que imaxinamos co que vimos.

No que si coincidimos todos foi na elección das escenas que máis nos fixeron rir: o momento no que se prepara o asesinato “a dúas bandas” (por un lado, Pololo e Adela, e, por outro Foncho e Puri).  Outro momento que tamén nos gustou foi cando Rosiña Vella “entra” en Rosiña  Rosiña e fai que esta reaccione. Isto supón a posibilidade de poder vingarse para a primeira,e a liberación para a moza Rosiña.

Cuarto pétalo ( ainda que un pouco forzado).  Dunha rosa pasamos a outra: El nombre de la rosa. Xa que lemos unha comedia, fixemos unha parada ( pequena) no libro que escribiu Aristóteles sobre a comedia e dos crimes que se cometeron no seu nome.Dunha rosa sacamos catro.

Se queredes ler máis comedias podedes botarlle un ollo a esta guía de lectura.

Todas as obras que se citan na guía están na biblioteca ( e algunha máis).  Tédelas xa preparadas ( para que as levedes sen ter que buscalas) na mesa que hai ao lado do expositor de novidades.

A próxima cita é o vindeiro luns lectivo de abril. E será con Mafalda.

Advertisements

3 thoughts on “Unha rosa é unha rosa: pétalo a pétalo

    • O libro non o lin, pero a canción de Mecano escoitoa moi a miúdo… é máis que preciosa para min….. E do poema de Gertrude Stein decir que é moi bonito. Nalgunha ocasión por internet lin algún poema desta escritora, pero este en concreto non o coñecía (ou polo menos non recordo telo lido en ningún momento).
      Un saúdo para todos con arrecendo a rosas!!
      P.S.: Preciosa a rosa da foto. 🙂

    • Pois xa é bastante que leras algo de Gertrude Stein, ou cando menos que deras con ela, porque non é unha escritora de masas, que digamos. Máis doado que alguén coñeza a letra de Mecano que o poema da Stein. Un saudiño, Sheila.

Os comentarios están pechados.