Crispín d’Olot de novo no Val do Tea

Mañá, martes 27, teremos o pracer de ver de novo no Val do Tea a Crispín d’Olot, poñendo en escea o seu novo espectáculo: “De fábula”.

A esta actuación asistirán os alumnos de 1º e 2º de ESO, que este ano serán o seu privilexiado público. Os demais poderedes velo pola noite no programa “Tú sí que vales”, programa no que xa obtuvo gran éxito nunha anterior edición e ó que volve nesta nova ocasión.

Se queredes saber máis cousas deste peculiar e entrañable personaxe podedes seguilo no seu blog e no seu facebook.

Mañá contarémosvos como foi a actuación no noso centro.

 

Advertisements

One thought on “Crispín d’Olot de novo no Val do Tea

  1. Jo…. eu tamén quería velo!! jeje!!!! Conformareime con velo na tele (na repetición do venres porque pola semana non vexo a tele…)
    Todo un pracer que volva outra vez por ahí… todo un privilexio!!
    Espero que como sempre lle saíse todo moi ben e aos alumnos/as lles gustase moito.
    Un saúdo para tod@s e que teñades unhas felices (aínda que curtas) vacacións de Pascua! 🙂

Os comentarios están pechados.