Día do libro:lecturas e xincanas

Na biblioteca celebramos o Día do Libro con lecturas e con xincanas.

O luns 23 de abril, os alumnos do grupo Bibliotea léronlles aos compañeiros do 1ª ciclo un fragmento( pequeniño) da obra A vuestro gusto, de Shakespeare ( por cortesía de Iván) e un entremés de Cervantes: ” Los habladores” ( por cortesía de Laura). Fixérono moi ben. Unha mágoa que non tivesemos máis tempo e máis grupos!! Xa nos teñen acostumados ao seu bo facer e bo ler, pero, desta vez, leron con moita naturalidade e con moito “xeitiño”.

Carmen e Lucía facendo de "marido e muller"                        Carmen e Lucía facendo de “marido e muller ( que non deixa de falar)”

           Iván, “hombre de pocas palabras, porque el que mucho habla, mucho yerra”                                                                       En plena representación, entregados, xa vedes….

 

E para os alumnos de 2º da ESO houbo xincanas. Xa imos pola sexta edición e ainda lles siguen gustando. Achegarse aos libros xogando non está mal!

( Mentras uns memorizan, outros buscan nos diccinarios e algún queda “enfeitizado” co  andel de Matemáticas. Non é posible!)

( E outros pescudan sobre xentilicios galegos ou directores de cine)

Advertisements

One thought on “Día do libro:lecturas e xincanas

  1. Bueno, ó meu parecer as lecturas as dúas estaban moi ben pero a de Cervantes era mortal!!! Era para rir un bo rato porque solo con lela xa che daba a risa!!! Estivo moi ben, a pena e que foron poucas clases. Un saudiñooo!!!

Os comentarios están pechados.