No club de lectura acabamos “facendo libros con versos” ( e con bicos)

O pasado luns 4 de xuño despedimos o club de lectura cun obradoiro poéticamente correcto.  Aprendeunos Eva Cabo, artesana do cartón e editora,  a facer cadernos con cartón e con material de refugallo. Con cubertas de cartón intervidas artisticamente polos asistentes pasamos a mediodía do luns. Velaquí unha mostra do proceso de elaboración e do resultado final. Non podemos dicir Micky Mause, pero si: longa vida ao cartón e aos libros!

 

      ( Eva explica como deben empezar a traballar e Samuel fíase do criterio de Pedro)

 

( E o obradoiro xa está en marcha. Unha espiral de cartón, de versos e pintura)

                                          ( Os luns ao sol e as libretas a secar…)

                                                                ( Buscamos versos…)

                                                                      ( … e atopámolos)

( El que la sigue la consigue, ás veces, todo hai que dicilo. E conseguimos facer varias libretas de cartón e poesía)

Moitas grazas, Eva, por amosarnos o que sabes facer!

” Meu avó era xastre

e por iso fixo

un mundo á súa medida”

Eva Cabo, poeta

 

Advertisements

One thought on “No club de lectura acabamos “facendo libros con versos” ( e con bicos)

  1. Un taller entrañable como o poema de Eva Cobo “O paxaro azul” lido e imprimido nos nosos cadernos recén feitos. Unha delicia de taller.

Os comentarios están pechados.