Benvidos e benvidas ao novo curso 2014/2015

DSCN4159

(…) Tal era o meu interese que me convertín no subministrador de bichos de don Gregorio e el acolleume como o mellor discípulo. Había sábados e festivos que pasaba pola miña casa e iamos xuntos de excursión. Percorriamos as beiras dos ríos, as gándaras,a fraga, e subiamos ao monte Sinaí. Cada viaxe desas era para min como unha ruta do descubrimento. Volviamos sempre cun tesouro. Unha mantis. Un cabaliño do demo. Un escornabois. E unha bolboreta distinta cada vez, ainda que eu só recorde o nome dunha á que o mestre chamou Iris, e que brillaba fermosísima pousada na lama ou no esterco (…)”

“A lingua das bolboretas”, páxina 29 da edición tirada por Galaxia

Probablemente un traballo coma o do neno Pardal foi o que fixo, Laura Lago, fotógrafa e profesora de Lingua castelá e Literatura do IES de Tomiño.

Tras dous anos de letargo poñémonos de novo ao camiño acompañados de bolboretas e libélulas.Dámosvos a benvida con unha exposición de fotografías de bolboretas feitas pola profesora Laura Lago que, moi xenerosamente, nos deixou as súas fotos para compartir convosco.
DSCN4152

Na exposición recóllese a vida das bolboretas e libélulas, na súa maior parte galegas. Estas fotos veñen traernos a primavera xusto agora que a botamos de menos.
Que a beleza e o voo delas nos acompañen todo o curso. Non todo o mundo pode dicir que entra na súa biblioteca “guiado” por bolboretas.

 

DSCN4143

DSCN4146

Nós mirando as bolboretas

 

E as bolboretas mirándono a nós

E as bolboretas mirándonos a nós

Na biblioteca hai unha pequena exposición con libros técnicos sobre as bolboretas e a súa vida. A escolma foi feita por Pablo e por Fe,  profesores de Ciencias no noso instituto.  Algúns dos títulos que atoparedes son:

Mariposas, de Helgard Reichholf_ Riehm, publicado por  Blume Naturaleza.

Pequeño manual de mariposas diurnas y nocturnas de Europa, de John Wilkinson e Michael Tweedie, editorial Omega.

Guía de bolboretas de Galicia, de Xosé Luís Iglesias e Xulio Astor Camino

 Podedes atopar máis información sobre o mundo das bolboretas no blogue de Pablo.

E, por suposto, varias recomendacións literarias con ás de bolboreta:”A lingua das bolboretas”, relato escrito por Manuel Rivas que aparece no libro Que me queres, amor? 

Esta historia foi levada ao cine por José Luis Cuerda. Aquí tedes un cachiño da mesma. Na biblioteca está a peli completa e, por suposto, o libro.

Outro libro que está na biblioteca é Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros. Aquí podedes escoitar un pequeno fragmento da novela.

(Procedencia da imaxe)

El taller de las mariposas, de Gioconda Belli  é outro relato de bolboretas que nos vén que nin pintado para ler a comezo de curso

El Taller de las mariposasIlustración de El taller de las mariposas extraída da páxina web da magnífica editorial que publica o libro, Barbara Fiore editora.

Como sabedes, as bolboretas sofren unha metamorfose,é dicir, un cambio. Para chegar a ser bolboreta pasa por diferentes ciclos: de ovo pasa a oruga e despois a crisálida. Dentro dela vaise transformando e vai tomando xa a súa forma adulta.

Que a biblioteca, o coñecemento sexan crisálida e que saiamos dela fortalecidos e con ás para enfrontar a vida “alados” armados co suave aleteo das ás de bolboreta.

Que vos guste a crisálida e que a aproveitedes!