Manuel María na música popular

Este ano, o poeta e escritor de Outeiro de Rei Manuel María (1929-2004) recibe a homenaxe das letras galegas 2016. A biblioteca do Val do Tea dispón de varios libros e material audiovisual de Manuel María, dipoñibles para os seus usuarios, dous libros de poemas: Terra Chá (1954) e Os lonxes do solpor (2012 póstumo de 1993) e a obra de teatro Barriga verde (1973). Tamén hai varios libros sobre o autor, como O Cuco cucou cuqueiro, Conversas con Manuel María…

 

2016-05-25 14.36.29
Foi un escritor en galego moi coñecido polos seus numerosos libros de poemas, que acompañaron os sentimentos e reivindicacións por varias xeracións dunha Galicia que cambiaba rapidamente na segunda metade do século XX. Numerosos autores adaptaron algúns dos seus poemas como cantigas populares, sobre todo acompañado de música tradicional galega. Nós destacamos aquí “O Carro” de Fuxan os Ventos, poema do libro que máis repercusión tivo, a Terra Chá:
 

Para unha selección de varias cantigas moitas veces no seu lado máis militante, compostas ou interpretadas non só por Fuxan os Ventos e a Quenlla, senón por Uxía Senlle, Suso Vaamonde, Roi Casal, etc.ver o canal do equipo de normalización lingüística do centro:

Advertisements