Follas de herba


Esta semana iniciamos unha actividade que consistirá en ler unha serie de relatos e poemas (en galego e castelán) nos que a natureza ten un protagonismo especial, e que procuran pór de relevo o decisivo papel que xoga a natureza nas nosas vidas; e o importante que é que a coidemos das agresións que diariamente, por desgraza, padece.

Esta actividade garda relación coa que se está desenvolvendo no Club de Lectura, que xira arredor da relación entre Natureza e Literatura, unha relación presente ao longo da historia literaria.

Os primeiros textos literarios, de carácter mítico, presentaban ao ser humano en relación simbiótica coa natureza: Así aparecía o loureiro, como encarnación dunha Daphne metamorfoseada para fuxir da paixón desaforada de  Apolo

Apollo & Daphne September 2a.jpg

Apolo e Daphne,  Bernini

a Moreira branca, como testemuña do amor inmortal de Píramo e Tisbe; ou a fidelidade de Filemón e Baucis, perpetuada máis alá da morte a través da unión dun carballo e unha tileira:

Paisaje con Filemón y Baucis, de Peter Paul Rubens

A natureza foi en ocasións telón de fondo da poesía amorosa. Así ocorre na nosa lírica medieval, que nas cantigas de amigo nos describe unha natureza bucólica  na que árbores, aves, fontes e ríos eran o marco ideal para o encontro dos namorados:

Ai flores do verde pinho” de Don Dinis

 Así aparece, como locus amoenus, na poesía de Dante ou Petrarca.  Mais a natureza aparecerá tamén como espazo virxe, salvaxe, que hai que dominar, someter, como demostran as historias sobre as conquistas de novos territorios. Os autores románticos intentaron restablecer o vencello esencial coa natureza, que na súa obra a miúdo aparecía como espello da alma atormentada mais tamén como refuxio consolador nun mundo que comezaba a percibirse como un lugar inhóspito, dominado pola ambición e o materialismo.

Viaxeiro fronte ao mar de néboa, de Caspar David Friedrich

E, dende entón, as cousas non fixeron máis que empeorar.  A relación da humanidade co seu entorno natural foi derivando cara á agresión medioambiental, a explotación salvaxe, a procura de recursos a calquera prezo; sen ter en conta que iso puidese implicar o desarraigo de grupos humanos, unha ameaza global para a saúde e o deterioro de espazos vitais para a supervivencia no planeta.

E a literatura estivo aí, e está, para alertar dos perigos que nos espreitan de seguir devastando sen tregua os recursos naturais do planeta e para sensibilizarnos sobre a importancia de coidar o medioambiente.

E chegados a este punto da historia da humanidade, o reto que temos diante é decisivo, pois de non mudar a nosa relación coa natureza é a nosa propia continuidade na terra a que está en xogo.

Por todo isto, é imprescindible  que sexamos quen de ver no seu coidado tanto unha garantía do noso benestar material como do noso benestar físico e espiritual: pois a natureza,  ademais de ofrecernos os seus recursos, tamén é fonte de saúde e de felicidade.  Valorar e coidar a natureza convértenos en mellores persoas, como afirma a poeta Karle Wilson BakerHoxe medrei máis alto por camiñar coas árbores.

A continuación veremos un vídeo de Michael Jackson, que , a través da súa canción Earth song,  lanza un grito de socorro en defensa da natureza:

Finalizamos coa lectura dun fragmento dun poema de Follas de Herba, poemario do escritor americano Walt Withman, quen defendeu na súa poesía -e puxo en práctica na súa vida- a fusión do ser humano coa natureza da que forma parte.

(Procedencia da imaxe)

Eu son o que camiña coa tenra e fecunda noite;
Invoco á terra e ao mar, semiocultos pola noite.
Estréitame contra o teu espido seo, ¡oh, noite!-

Estréitame,noite magnética e sustentadora!
Noite dos ventos sureños! Noite das grandes
e raras estrelas!

Apracible e adormentada noite! Tola, espida
noite estival!
Sorrí, ¡oh terra voluptuosa, co teu fresco alento!
Terra das soñentas e fluídas árbores!

Terra dos moribundos crepúsculos

Terra das montañas
cos seus cumes afundidos na bruma!

Cristalina terra bañada pola lúa chea coa súa claridade
leitosa e azulada!

Terra das luces e sombras pintando a superficie do río!

Terra do límpido gris das nubes

Terra dos afastados e profundos barrancos!

Terra colmada de mazás en flor!
Sorrí, porque aquí está o teu amante!

Pródiga, ti déchesme amor!

Polo mesmo, eu doucheamor!
Oh, indicible e apaixonado amor!

Resultado de imagen de naturaleza y literatura

Procedencia da imaxe

Por outra parte, o poeta Mario Bendetti tamén se fixo eco, nos seus versos, da

necesidade que ten a terra de ser amada, respectada, coidada:

Quedan las cáscaras de la vida

la solidaridad de las columnas

las pausas del escombro

el pavoroso cielo gris

la tierra exasperada

reclama una caricia

que no la olviden

no la oviden nunca

por eso se estremece

de abandono

tan solo si la aman

si la amamos

volverá a concedernos

el perdón del silencio

el amor de la calma

 

Advertisements