Cura o mundo

 Esta semana rematamos a actividade de lectura nas aulas. Farémolo escoitando esta canción ” Heal dthe World” de Mickel Jackson que incide na necesidade coidar a terra e crear un mundo mellor no que todos poidamos vivir en condicións dignas:   

Aquí queda a tradución da canción ao galego que fixo Dores:

Hai un lugar no teu corazón

E eu sei que iso é amor

E ese lugar podería ser moito máis brillante que mañá

E se ti realmente o intentas

Verás que non é preciso chorar

Nese lugar sentirás que non hai pesar nin dor.

Hai maneiras de chegar alá,

Se te preocupas abondo pola vida

Faille un pequeno oco,

Crea un lugar mellor.

 

Cura o mundo

Faino un mellor lugar

pra ti e pra min,

e pra toda a humanidade.

Hai persoas morrendo.

Se che importa a vida,

Fai un lugar mellor.

Pra ti e pra min.

 

Se queres saber por que

hai amor que non pode mentir.

O amor é forte, só procura a alegría de vivir,

Se o intentamos, poderemos ver

que nesa graza non podemos sentir

medo ou temor, deixamos de existir

e comeza a vivir.

Entón saberemos que sempre

o amor é suficiente para crecer.

Así que fai un mundo mellor ,

Fai un mundo mellor.

 

Cura o mundo (…)

E o soño que nos concibiu

Revelará un rostro alegre

E o mundo no que un día cremos

Brillará de novo feliz.

Entón, porque seguir afogando a vida?

Pode esta terra,

crucificar a súa alma?

Porén é moi fácil ver

que o mundo é divino

pola graza de Deus.

Poderiamos voar tan alto.

Deixando que o noso espírito non morra xamais.

No meu corazón, sinto que ti es todos os meus irmáns.

Crea un mundo sen medo,

Xuntos, choraremos lágrimas felices.

Mira as nación trocar as súas espadas por arados.

 

Podemos chegar alá.

Se a vida che importa abondo

Faille un pequeniño oco,

pra facer un mellor lugar

 

Cura o mundo (…)

 

Á volta de vacacións de Semana Santa están previstas charlas e a proxección de documentais que nos aproximarán a distintos aspectos da natureza.

Moitas grazas a todas e a todos pola atención que nos prestastes ao longo desta actividade.

Advertisements

A bordo do Nautilus

Hai cen anos, en marzo de 1917, cruzaba o Atlántico desde EEUU o primeiro submarino da Armada Española, o Isaac Peral (A-O).

Isaac Peral submarine LOC ggbain 22650.jpg

Iniciábase en España a era dos submarinos despois dun longo período de prototipos escasamente usados. Os precedente foron o submarino Peral (1888) e o Ictíneo I, de Narciso Monturiol (1858).

Ictineu I Museu Marítim Barcelona.jpg

 Réplica do submarino Ictineu I (1859) de Narcís Monturiol diante do Museu Marítim en Barcelona.

Asemade, na visionaria novela  Vinte mil leguas de viaxe submariña o autor, Xulio Verne, deseñada o ficticio Nautilus que conduciu ao capitán Nemo polos fondos dos océanos.

A novela foi levada ao cine en 1954 por Richard Fleischer. Velaquí un fragmento da  película 20.000 leguas de viaje submarino

Para celebrarmos este fito da tecnoloxía e da ciencia, este mes exhibimos como libros do mes dous acompañados de senllas películas moi coñecidas sobre o mundo submarino: a mencionada de Verne e a recurrente xoia literaria Moby Dick (1851), esta vez por compartir certo protagonismo os animais que chegan a maiores inmersións: grandes baleas e cachalotes e monstrosos cefalópodos, que posiblemente inspirasen a lenda vikinga do Kraken. Este último é hoxe o segundo nome de varias especies de luras xigantes, coma o Architeuthis dux, ou coma o segundo exemplar que foi visto con vida no mundo despois do xaponés en 2015: a cría malferida fotografada hai poucos meses na ría do Barqueiro. Os seus únicos predadores coñecidos, os cachalotes como Moby Dick, o mesmo que cita Verne entre outras baleas das profundidades. Sabemos por estes lares que o último escritor soñou con financiar grandes empresas cos beneficios de extraer as hipotéticas riquezas somerxidas na ría de Vigo trala batalla de Rande, fixo correr perigos aos seus protagonistas polo estreito de Xibraltar e agora vemos que o alimento de Moby Dick avístase incluso dende a superficie dos mesmos océanos que o intrépido baleeiro Pequod e o avanzado submarino Nautilus percorreron… na imaxinación dos seus autores.

As matriarcas do futuro

Onte pola mañá un grupo de alumnas de Literatura Universal (serán tamén Mulleres de ollos grandes, coma as protagonistas dos contos de Ángeles Mastreta) xuntáronse no eirado, ao abeiro, da ameixeira vermella (ben pode metáfora das mulleres que se empeñaron en deixarnos flores, a pesar de que nos quedan aínda moitas por conquistar!!!) para lernos uns poemas que reivindican a forza e loita, silenciosa, en moitos casos, de mulleres cotiás.

 

Algúns dos poemas lidos foron, entre outros  “A xustiza pola man” de Rosalía de Castro, ou o poema ás mulleres labregas (tan esquecidas sempre!!) de Manuel María:

As mulleres galegas -labregas,
mariñeiras, artesás, obreiras,
pasado, pobo, presente,
alma e futuro de Galicia-
non foron cantadas
polos poetas cultos e premiados,
pechados nas súas torres de almasí:
eles, tan sensibles, non podían
adicarlles rondós e madrigales,
sonetos perfetísimos
a donas que falan en galego,
que son a forza do pobo,
porque non teñen xeitos requintados,
deprendidos en colexos elegantes,
nin vestidos fermosos,
nin frases retorneadas
– nunca foron á escola,
nin alternaron tampouco en sociedade –
i as súas maus non se semellan
ás azas dos paxaros,
nin teñen soavidades de veludo:
están encallecidas polo traballo,
son duras como as pedras,
só tenras pro garimo,
con soavidades de mel
pra perdoar e comprender,
pra sementar tenrura e máis amor,
pra arrincar odios.
Remol, 1970
Pechou o acto a lectura de “Matriracas“, de Guadi Galego.

Estas son as futuras mulleres galegas (oxalá que conserven a forza das “Labregas bergantiñanas” ás que canta
Sés) e que manteñan sempre vivo o seu espíritu activista.

Moitas grazas Uxía Bouza, Uxía Casal, Alba Gándara, Alba Pereira, Sheila Núñez, Lía Diéguez, Elisa Gómez e Tamara Pérez,  polos ollos grandes de mirada limpa e combativa!!!!!!

E tamén a ti, Xoán Carlos, polo fermoso cartaz que sostivo as voces das lectoras e que esconde as de moitas outras mulleres que tamén loitan por = é +.

Ollo! Estade atentos e atentas aos carteis dos corredores! Temos moito que cambiar aínda!

Cura o mundo

Esta semana rematan as lecturas nas aulas. Para facelo, ademais de ler, escoitaremos a canción “Heal the World” de Mickel Jackson que incide na necesidade coidar a terra e crear un mundo mellor no que todos poidamos vivir en condicións dignas:

A continuación tedes a canción traducida ao galego por Dores:

Cura o mundo.

Hai un lugar no teu corazón

E eu sei que iso é amor

E ese lugar podería ser moito máis brillante que mañá

E se ti realmente o intentas

Verás que non é preciso chorar

Nese lugar sentirás que non hai pesar nin dor.

Hai maneiras de chegar alá,

Se te preocupas abondo pola vida

Faille un pequeno oco,

Crea un lugar mellor.

 

Cura o mundo

Faino un mellor lugar

pra ti e pra min,

e pra toda a humanidade.

Hai persoas morrendo.

Se che importa a vida,

Fai un lugar mellor.

Pra ti e pra min.

 

Se queres saber por que

hai amor que non pode mentir.

O amor é forte, só procura a alegría de vivir,

Se o intentamos, poderemos ver

que nesa graza non podemos sentir

medo ou temor, deixamos de existir

e comeza a vivir.

Entón saberemos que sempre

o amor é suficiente para crecer.

Así que fai un mundo mellor ,

Fai un mundo mellor.

 

Cura o mundo (…)

E o soño que nos concibiu

Revelará un rostro alegre

E o mundo no que un día cremos

Brillará de novo feliz.

Entón, porque seguir afogando a vida?

Pode esta terra,

crucificar a súa alma?

Porén é moi fácil ver

que o mundo é divino

pola graza de Deus.

Poderiamos voar tan alto.

Deixando que o noso espírito non morra xamais.

No meu corazón, sinto que ti es todos os meus irmáns.

Crea un mundo sen medo,

Xuntos, choraremos lágrimas felices.

Mira as nación trocar as súas espadas por arados.

Podemos chegar alá.

Se a vida che importa abondo

Faille un pequeniño oco,

pra facer un mellor lugar

 

Cura o mundo (…)

 

Á volta de vacacións de Semana Santa están previstas varias charlas e a proxección de documentais que nos aproximarán a distintos aspectos da natureza.

Moitas grazas a todas e a todos pola atención que nos prestastes ao longo desta actividade!!!!