A natureza no cine (activista) e no mar

A semana pasada foi bastante intensa xa que organizamos varias actividades que nos amosaron varias maneiras de achegármonos á natureza.

O luns a primeira hora veu ao insti, Mauro Chivite, biólogo e ex alumno do centro. Amosoulles aos rapaces e rapazas de 2º da ESO como viven os peixes dos océanos e como compre coidar da auga que os alimenta. Presentou unha parte do traballo da súa tese de doutoramento que xira arredor do tema indicado. Aquí queda unha mostra do seu relatorio e o noso agradecemento.

O martes 25 de abril (día fermoso onde os haxa, día de caraveis e revolución!!) veu Cora Peña,directora de cine , presentarlles ao alumnado de 4º da ESO o seu documental O tesouro de Corcoesto.

A película reflicte como viviron os veciños da comarca de Bergantiños o proxecto de facer unha explotación de megamineiría a ceo aberto e como combatiron este ataque, tamén aberto, á natureza e á saúde.

Tamén nos falou do seu traballo  Apash (los de fuera). Neste cora Peña tamén describe como o sistema capitalista e liberal amenaza a forma de vivir dos pobos indíxenas que, sen dúbida, é moito máis respectousa coa natureza cá nosa. Velaquí un trailer do mesmo:

Cora achegounos unha visión combativa e activista da relación coa natureza: xa que ela nos dá cómpre non esgotala en virtude intereses económicos ou políticos. Moitísimas grazas, Cora por vir ata aquí amosarnos o teu traballo, tan necesario!!!

Tamén comprometido e moi poético é o documental que viron os alumnos de alumnas de 1º de BACH La sal de la tierra, que describe a natureza vista desde a mirada do fotógrafo  Sebastião Salgado. Coma o documental, as imaxes son pura poesía envolta tamén en denuncia e tenrura.

Resultado de imagen de fotograma la sal de la tierra

Fotograma da película La sal de la tierra

Advertisements