Día do libro:lecturas e xincanas

Na biblioteca celebramos o Día do Libro con lecturas e con xincanas.

O luns 23 de abril, os alumnos do grupo Bibliotea léronlles aos compañeiros do 1ª ciclo un fragmento( pequeniño) da obra A vuestro gusto, de Shakespeare ( por cortesía de Iván) e un entremés de Cervantes: ” Los habladores” ( por cortesía de Laura). Fixérono moi ben. Unha mágoa que non tivesemos máis tempo e máis grupos!! Xa nos teñen acostumados ao seu bo facer e bo ler, pero, desta vez, leron con moita naturalidade e con moito “xeitiño”.

Carmen e Lucía facendo de "marido e muller"                        Carmen e Lucía facendo de “marido e muller ( que non deixa de falar)”

           Iván, “hombre de pocas palabras, porque el que mucho habla, mucho yerra”                                                                       En plena representación, entregados, xa vedes….

 

E para os alumnos de 2º da ESO houbo xincanas. Xa imos pola sexta edición e ainda lles siguen gustando. Achegarse aos libros xogando non está mal!

( Mentras uns memorizan, outros buscan nos diccinarios e algún queda “enfeitizado” co  andel de Matemáticas. Non é posible!)

( E outros pescudan sobre xentilicios galegos ou directores de cine)

Advertisements

Crispín d’Olot, tú sí que vales (pero nós xa o sabiamos)

Un ano máis no Val do Tea contamos onte coa presenza do xograr Crispín d’Olot.

Sempre é un pracer asistir a un  espectáculo seu, pero a isto sumábase desta vez o feito de que nos presentase un espectáculo novo: “DE FÁBULA”. E póñoo así porque ese é o título e ese é o cualificativo que merece: fabuloso!!! complementado  co “Instrumentalia” que mereceu sonoros aplausos.

Telo en directo no Val do Tea, mentres os seus innumerables fans esperaban ansiosos a emisión do “Tú si que vales”, tamén tivo o seu aquel.

Fíxonos un percorrido pola fábula, a adiviña e o microrrelato que se nos pasou a unha velocidade  vertixinosa, case tanta coma a velocidade á que recitou o trabalinguas do moro, o mico e o señor de Puerto Rico no programa televisivo (por certo, entenderíano integramente todos os membros do xurado?)

Xa noutras ocasións fixemos alusións non só ó bon facer de Crispín, senón tamén á súa capacidade de traballo.

Resulta fácil ver o resultado final sobre o escenario, resulta fácil e é ameno, pero os que o coñecemos algo (e despois de tres anos recibíndoo no noso centro coa expectación da primeira vez, xa o imos coñendo un pouco) sabemos  tamén das horas de traballo que hai detrás de todo isto, un traballo que a todopoderosa televisión nos amosa coma se xurdise por arte de maxia, pero que vén de moi longo (sería pertinente aludir aquí ó ars longa, vita brevis, que diría un latinista?). Si é pertinente citar que andou acertado Risto ó intentar averiguar de onde vén iso que el  fai, cales son as súas orixes e como decide facer da súa arte a súa vida. 

Pero máis acertado aínda andou o trobador ó contestarlle sen contestarlle (nin que fora galego) algo que parece que puxo algo nervioso ó “gran oráculo ristiano” porque non quixo facer máis preguntas, non fora que o “vapuleador” saíra  desta vez vapuleado: bravo por Crispín!

Por se non quedou claro, todo iso xorde de anos de traballo, esforzo, paciencia e talento que, finalmente, dan o seu froito no recoñecemento  do público, señor Risto. E iso o público sábeo sen necesidade de preguntalo, por iso rin, rinse de vostede que necesita preguntar para saber. En todo caso vostede fai o seu papel e o trobador vive o seu personaxe, de aí a autencidade da súa arte.

Quen consegue manter interesados durante 90 minutos a máis de cen alumnos/-as de 1º e 2º de ESO, consegue a súa interacción por momentos no espectáculo e  faino de xeito que non se “desmadren”, salvo ó final cando xa os aplausos son irrefrenables e os gritos de “Tú sí que vales” son de verdade e saen espontaneamente, ese (e ese é Crispín d’Olot) ESE sí que vale.

Por todo isto, rematamos cun “Moitas grazas, Crispín. Tú sí que vales, pero nós xa o sabíamos desde a primeira vez que te vimos actuar. E agora… que se entere todo o mundo”.

Ata o ano que vén.

Crispín d’Olot de novo no Val do Tea

Mañá, martes 27, teremos o pracer de ver de novo no Val do Tea a Crispín d’Olot, poñendo en escea o seu novo espectáculo: “De fábula”.

A esta actuación asistirán os alumnos de 1º e 2º de ESO, que este ano serán o seu privilexiado público. Os demais poderedes velo pola noite no programa “Tú sí que vales”, programa no que xa obtuvo gran éxito nunha anterior edición e ó que volve nesta nova ocasión.

Se queredes saber máis cousas deste peculiar e entrañable personaxe podedes seguilo no seu blog e no seu facebook.

Mañá contarémosvos como foi a actuación no noso centro.

 

Traballo fin de curso “teatro e comedia”

O pasado luns 12 de marzo os alumnos e alumnas que asistiron ao obradoiro de teatro amosáronlles aos seus compañeiros de 2º da ESO o traballo de fin de curso.

Como sabedes, estiveron a traballar na creación de pequenos sketches cómicos que xiraban arredor do mundo do ensino. Isto é que puidemos ver:

                           ( A bolsa de estudos. Mi madriña, tanta lea para conseguir unha!!!)

                                 ( De como se pode estudar de maneira divertida?)

                                                                                ( Carmen sábeo)

                                          ( A profe quere ir ao cine. Poderá?)

                    ( A funcionaria Carla, o seu equipo A.R., as tesoiras e os famosos recortes)

                     ( As cualificacións ou o escuro ruxir das bolas cando saen do bombo)

Amosaron, con frescura e risa, como ven eles o ensino. Nós preparamos unha miniguía de libros e películas que amosan diferentes visións do mundo da ensinanza. Se premedes aquí podedes lela.

Non lles deu tempo a amosar todos os traballos. Como quedaron con ganas de máis volverán repetir ” a función completa”  o martes día 27, Día do Teatro. Nesta ocasión o público será o alumnado  de 3ª da ESO. Moita merda!!

 

 

Teatro e comedia na biblioteca

Na biblio, seguimos abrindo telón. Se non nos chegaba cos monicreques, agora deunos pola comedia.

Damas e cabaleiros, “ladies and gentlemen”, rapaces e rapaces!!!! Xa comezou o taller de teatro e comedia que se está a realizar no instituto. Empezou o día 18 de xaneiro e rematará o mércores 15 de febreiro.

Como cabía supoñer o grupo que asiste ao taller está integrado por moitos dos rapaces e rapazas do Club de lectura, algún membro do BiblioTea e outros alumnos do insti.  Xa se lles vía que tiñan todos madeira de actores e de actrices e agora están traballando ese talento, esa gracia, ese donaire, esa comicidade, ese xesto… con Fran Rei  ( membro da compañía Os sete magníficos máis un)  que é quen imparte o curso.

Os alumnos e alumnas escoitan...

( e miran) con atención as explicacións do profe porque...

non queren perder detalle dos códigos e dos "trucos" da comedia.

Están a elaborar pequenos sketches cómicos creados por eles mesmos a partir de improvisacións.  Na creación, xa sabedes, non hai límites, mais eles teñen un: todos os traballos creados han de ter relación co mundo do ensino. Agora que corren malos tempos para a educación, imos ver como ven os nosos alumnos e alumnas (e algunha profe) o mundo do ensino tamizado, filtrado pola risa, polo código da comedia. Agora só queda esperar para ver o estreno.

Comeza o xogo do teatro

e eles saben "xogalo" ben.

Que sigan ensaiando!!!


Despedida e peche (de ano e de misións)

Hoxe, martes 20, despedimos as misións deste curso en 1º de ESO no Val do Tea.

Proxectamos para todos os primeiros no Salón de Actos o documental de Gonzalo Tapia de Acia Films, do que vos deixamos aquí o enlace por se queredes velo en algún momento.

Despois de toda a que montamos nas aulas de 1º e todas as entradas que fixemos no blog, hai alguén no Val do Tea que poida dicir “que é ou era iso das “misións pedagóxicas”?

Por se alguén non tivese claro a relación misións-bibliotecas, citamos textualmente estes dous parágrafos do artigo de Alfonso Guerra, “Las Misiones Pedagógicas y La Barraca. La cultura en la II República” Letra Internacional nº 100, Otoño 2008. (Podedes lelo íntegro picando enriba)

“A la llegada de la República, España era un país sin bibliotecas. Para dar una respuesta a esta lamentable realidad los gobiernos de la República crearán dos tipos: las municipales y las de las Misiones Pedagógicas. Las primeras se organizaban a petición de cualquier municipio. Eran pequeñas bibliotecas de unos quinientos títulos, que tuvieron un altísimo grado de utilización.
En cuanto a las Misiones Pedagógicas, gastaron el 60% de sus reservas en la creación de bibliotecas allí donde nunca había llegado el libro. Y ello porque en contrario a las otras actividades de las Misiones, las bibliotecas no tenían sólo vida durante la visita de las Misiones, sino que permanecían. Cada biblioteca estaba compuesta por cien libros cuidadosamente elegidos por María Moliner, su hermana Matilde, Luis Cernuda y otros colaboradores.”
(Foto de arquivo histórico)

(Foto do noso arquivo)

     Agardámosvos aquí á volta das vacacións con novas actividades. Polo de agora temos previsto realizar o “obradoiro de rutinas cómicas” para formar da mán dun profesional do humor, Fran (os que fixestes o ano pasado o “obradoiro de clown” xa o coñecedes), a este grupiño de titiriteiros que son o BiblioTea.

Misión en 1º C

Estamos a piques de rematar o trimestre e as “misións pedagóxicas” do Val do Tea tamén se acercan ó seu final.

Despois do descanso desta “semana intermitente”, pasaremos o museo ambulante a 1º D e remataremos. Neste artigo amosámosvos as fotos e vídeos de 1º C.

A biblioteca ambulante, que xa pasou por 1º A, é a “Pista de circo“. (Picade sobre a imaxe para ver o contido)

Os compañeiros de 2º continúan facendo as súas explicacións dos cadros. Lázaro explícanos neste vídeo algo das “Meninas”.

As dúas Saras explícannos “O matrimonio Arnolfini”.

Daffny explícanos a “Mona Lisa”.

Aquí estrenáronse a outra parte do BiblioTea. Temos un grupo moi nutrido de colaboradores, razón pola que tivemos que facer dous grupiños de titiriteiros: uns representaron en 1º A e B e os outros en 1º C e D. Fixaivos que éxito!, acabamos de comezar e xa temos dúas seccións na compañía!!!. Estes son o grupo junior, a canteira, pois son maioritariamente alumnos/-as de 1º de ESO. Sede benevolentes con eles porque os nervios de actuar diante dos propios compañeiros de clase ás veces traizoáronos un chisco. Pero fixérono moi ben (requeteben) e, sobre todo, con moita ilusión. Vós mesmos podedes velo neste vídeo (o final é unha explosión de bon humor)

E con isto deixámovos ata a próxima semana con 1º D. Agardamos que a misión lles chegue coma un fermoso colofón ós exames da 1ª avaliación.