Benvidos e benvidas ó novo curso 2012/13

Desde o blog de biblioteca dámosvos a benvida a todos e a todas.

Estamos comezando o curso e poñéndonos a funcionar na biblioteca. Este ano temos algunhas novidades destacables:

Por un lado, cambio de coordinador: Xoan Carlos Fernández Ameal, profesor de debuxo exercerá este ano como coordinador, polo tanto para calquera dúbida poñédevos en contacto con el. Estade atentos ós carteis porque proximamente fará unha reunión do grupo de colaborades “BiblioTea”.

Por outro lado, non cambiamos senón que engadimos: temos un novo blog exclusivo para o Club de lectura. Este ano “guiarán” este club de lectura Esmeralda Quiroga e Adelia Troncoso. O proxecto do club é “A volta ao mundo en 8 libros” e toda a información sobre o mesmo atoparédela puntualmente no Blog do Club de lectura BiblioTea.

Recordados estes cambios, só recomendarvos que sigades facendo bo uso da biblioteca. Bon curso e boas lecturas.

Advertisements

Crispín d’Olot de novo no Val do Tea

Mañá, martes 27, teremos o pracer de ver de novo no Val do Tea a Crispín d’Olot, poñendo en escea o seu novo espectáculo: “De fábula”.

A esta actuación asistirán os alumnos de 1º e 2º de ESO, que este ano serán o seu privilexiado público. Os demais poderedes velo pola noite no programa “Tú sí que vales”, programa no que xa obtuvo gran éxito nunha anterior edición e ó que volve nesta nova ocasión.

Se queredes saber máis cousas deste peculiar e entrañable personaxe podedes seguilo no seu blog e no seu facebook.

Mañá contarémosvos como foi a actuación no noso centro.

 

Despedida e peche (de ano e de misións)

Hoxe, martes 20, despedimos as misións deste curso en 1º de ESO no Val do Tea.

Proxectamos para todos os primeiros no Salón de Actos o documental de Gonzalo Tapia de Acia Films, do que vos deixamos aquí o enlace por se queredes velo en algún momento.

Despois de toda a que montamos nas aulas de 1º e todas as entradas que fixemos no blog, hai alguén no Val do Tea que poida dicir “que é ou era iso das “misións pedagóxicas”?

Por se alguén non tivese claro a relación misións-bibliotecas, citamos textualmente estes dous parágrafos do artigo de Alfonso Guerra, “Las Misiones Pedagógicas y La Barraca. La cultura en la II República” Letra Internacional nº 100, Otoño 2008. (Podedes lelo íntegro picando enriba)

“A la llegada de la República, España era un país sin bibliotecas. Para dar una respuesta a esta lamentable realidad los gobiernos de la República crearán dos tipos: las municipales y las de las Misiones Pedagógicas. Las primeras se organizaban a petición de cualquier municipio. Eran pequeñas bibliotecas de unos quinientos títulos, que tuvieron un altísimo grado de utilización.
En cuanto a las Misiones Pedagógicas, gastaron el 60% de sus reservas en la creación de bibliotecas allí donde nunca había llegado el libro. Y ello porque en contrario a las otras actividades de las Misiones, las bibliotecas no tenían sólo vida durante la visita de las Misiones, sino que permanecían. Cada biblioteca estaba compuesta por cien libros cuidadosamente elegidos por María Moliner, su hermana Matilde, Luis Cernuda y otros colaboradores.”
(Foto de arquivo histórico)

(Foto do noso arquivo)

     Agardámosvos aquí á volta das vacacións con novas actividades. Polo de agora temos previsto realizar o “obradoiro de rutinas cómicas” para formar da mán dun profesional do humor, Fran (os que fixestes o ano pasado o “obradoiro de clown” xa o coñecedes), a este grupiño de titiriteiros que son o BiblioTea.

Misións pedagóxicas nas aulas de 1º da ESO

O martes día 14 imos dar comezo ás “misións pedagóxicas” deste curso. A actividade das “misións pedagóxicas” é a principal actividade do proxecto de biblioteca deste curso que leva por título “Unha biblioteca, diferentes misións”.

Entre os obxectivos desta actividade está o de facer unha lembranza ás “Misións pedagóxicas” da Segunda República, que tanto fixeron por levar a cultura e a formación ós pobos, unha lembranza que nos parece moito máis significativa nos tempos que corren.

Nós pretendemos levar a labor da biblioteca do IES Val do Tea ás aulas dos primeiros da ESO. Estes son os alumnos/-as que comezan este ano no centro, polo que esta actividade nos parece unha maneira de familiarizalos e involucralos no día a día da biblioteca escolar.

Museo Ambulante en 1º B. Misións pedagóxicas curso 2010/11. Foto do noso arquivo particular.

Os recursos que lles brindaremos ós alumnos/-as nas aulas son os xa coñecidos de anos anteriores:

“Museo Ambulante” (unha semana en cada aula) con reproducións de obras señeiras da pintura universal (Meninas, O nacemento de Venus, O matrimonio Arnolfini). Algúns deles explicaránllelos ós pequenos os alumnos/-as de Historia do Arte de 2º de Bacharelato.

“Biblioteca Ambulante” (dúas semanas en cada aula). Contamos con dúas que se irán alternando: A pista de circo e o Cofre pirata.

“Cine ambulante“. Proxección dunha película en cada aula.

No apartado de “Teatro ambulante” este ano contamos cun espectáculo de títeres a cargo do grupo BiblioTea, tamén nunha hora de clase.

O calendario das misións podedes consultalo picando aquí. Se houbese algún cambio farémolo saber tamén a través do blog.

O éxito da actividade depende non só do que se faga nas aulas e da aceptación que teña por parte do alumnado, senón tamén do seguemento que vós, o noso público virtual, lle fagades desde ese lado.

Aceptaremos gustosos os vosos comentarios, tanto se nos aplaudides, coma se nos facedes críticas que nos axuden a  mellorar.

Deixovos o slide coas fotos das misións do ano pasado. Afortunadamente non todo se perdeu co blog, conservamos imaxes no noso arquivo particular e de momento tamés esta presentación en slide (que non lle queda moito tempo)

Pero pronto teremos un gran arquivo coas imaxes deste ano. Que disfrutedes das “misións pedagóxicas para 1º da ESO” no Val do Tea.

Estreamos blog

Despois de asumir que perdemos definitivamente o noso anterior blog, cousa que nos costou bastante, decidimos mirar para diante e crear outro novo. Pouco a pouco iremos vendo como nos vai saíndo.

A idea é a mesma que nos guiou no anterior. Este será un espazo onde exhibamos a nosa biblioteca e as actividades que nela vaiamos facendo.