Día do libro:lecturas e xincanas

Na biblioteca celebramos o Día do Libro con lecturas e con xincanas.

O luns 23 de abril, os alumnos do grupo Bibliotea léronlles aos compañeiros do 1ª ciclo un fragmento( pequeniño) da obra A vuestro gusto, de Shakespeare ( por cortesía de Iván) e un entremés de Cervantes: ” Los habladores” ( por cortesía de Laura). Fixérono moi ben. Unha mágoa que non tivesemos máis tempo e máis grupos!! Xa nos teñen acostumados ao seu bo facer e bo ler, pero, desta vez, leron con moita naturalidade e con moito “xeitiño”.

Carmen e Lucía facendo de "marido e muller"                        Carmen e Lucía facendo de “marido e muller ( que non deixa de falar)”

           Iván, “hombre de pocas palabras, porque el que mucho habla, mucho yerra”                                                                       En plena representación, entregados, xa vedes….

 

E para os alumnos de 2º da ESO houbo xincanas. Xa imos pola sexta edición e ainda lles siguen gustando. Achegarse aos libros xogando non está mal!

( Mentras uns memorizan, outros buscan nos diccinarios e algún queda “enfeitizado” co  andel de Matemáticas. Non é posible!)

( E outros pescudan sobre xentilicios galegos ou directores de cine)

Advertisements

15 de novembro día do escritor encarcelado

A organización mundial de escritores PEN celebra o 15 de noviembre o día do escritor encarcelado. Tódolos anos nesta data, escritores do mundo enteiro fan o que estea ó seu alcance (escriben artigos, dan conferenias, etc.) para divulgar a problemática dos seus colegas detivos. Cinco escritores son elixidos polo PEN como representativos da persecución contra escritores.Cada ano PEN concéntrase nun caso de cada rexión do mundo, cada un ilustra unha clase de represión diferente.

Facemos a entrada ás presas, porque non houbo tempo para máis, deixovos os enlaces que nos aportaron a información para non deixar pasar esta celebración.

Aquí podedes ver as actividades que fará o PEN català neste día. Galicia desde o 1989 e Catalunya xa desde o 1926 forman parte do PEN Club (a maior asociación de escritores do mundo)

http://anaqueles.com.ar/2007/11/da-internacional-del-escritor.html

http://www.ifex.org/international/2008/11/21/pen_conmemora_el_d_a_del_escritor/es/

Faremos unha entrada como é debido relativa a este tema en algún outro momento.