Outros “clubs de lectura”

(Procedencia da imaxe)

Os alumnos/-as de latín de 4º, despois das lecturas obrigatorias de cada trimestre, fan unha sesión tipo “club de lectura” nunha clase.

Como se da a casualidade de que a profesora de latín é a mesma persoa que coordina a biblioteca e administra o blog, decidimos ámbalas dúas (coordinadora de biblioteca e profesora de latín) dar a coñecer as lecturas de latín 4º ó resto do centro, pois aínda que sexan lecturas dun grupo concreto nun determinado trimestre, quedan na biblioteca a disposición de todos/-as.

Baixo a categoría “Outros clubs de lectura” iremos enlazando coas entradas do blog de linguas clásicas que se refiran a este tema, por se vos interesa botarlle unha ollada. E animo tamén a outros profesores/-as que teñan os seus propios blogs a que fagan o mesmo, se lles parece de interés.

Neste post remítovos a entrada relativa a “El diccionario de Carlota”, de Carmen Gómez Ojea, lectura da 2ª avaliación.

E tamén a “Guárdate de los Idus”, de Lola González Gándara, lectura da 1º avaliación.

(Procedencia da imaxe)

Advertisements