Cura o mundo

Esta semana rematan as lecturas nas aulas. Para facelo, ademais de ler, escoitaremos a canción “Heal the World” de Mickel Jackson que incide na necesidade coidar a terra e crear un mundo mellor no que todos poidamos vivir en condicións dignas:

A continuación tedes a canción traducida ao galego por Dores:

Cura o mundo.

Hai un lugar no teu corazón

E eu sei que iso é amor

E ese lugar podería ser moito máis brillante que mañá

E se ti realmente o intentas

Verás que non é preciso chorar

Nese lugar sentirás que non hai pesar nin dor.

Hai maneiras de chegar alá,

Se te preocupas abondo pola vida

Faille un pequeno oco,

Crea un lugar mellor.

 

Cura o mundo

Faino un mellor lugar

pra ti e pra min,

e pra toda a humanidade.

Hai persoas morrendo.

Se che importa a vida,

Fai un lugar mellor.

Pra ti e pra min.

 

Se queres saber por que

hai amor que non pode mentir.

O amor é forte, só procura a alegría de vivir,

Se o intentamos, poderemos ver

que nesa graza non podemos sentir

medo ou temor, deixamos de existir

e comeza a vivir.

Entón saberemos que sempre

o amor é suficiente para crecer.

Así que fai un mundo mellor ,

Fai un mundo mellor.

 

Cura o mundo (…)

E o soño que nos concibiu

Revelará un rostro alegre

E o mundo no que un día cremos

Brillará de novo feliz.

Entón, porque seguir afogando a vida?

Pode esta terra,

crucificar a súa alma?

Porén é moi fácil ver

que o mundo é divino

pola graza de Deus.

Poderiamos voar tan alto.

Deixando que o noso espírito non morra xamais.

No meu corazón, sinto que ti es todos os meus irmáns.

Crea un mundo sen medo,

Xuntos, choraremos lágrimas felices.

Mira as nación trocar as súas espadas por arados.

Podemos chegar alá.

Se a vida che importa abondo

Faille un pequeniño oco,

pra facer un mellor lugar

 

Cura o mundo (…)

 

Á volta de vacacións de Semana Santa están previstas varias charlas e a proxección de documentais que nos aproximarán a distintos aspectos da natureza.

Moitas grazas a todas e a todos pola atención que nos prestastes ao longo desta actividade!!!!

 

Advertisements

Follas de herba


Esta semana iniciamos unha actividade que consistirá en ler unha serie de relatos e poemas (en galego e castelán) nos que a natureza ten un protagonismo especial, e que procuran pór de relevo o decisivo papel que xoga a natureza nas nosas vidas; e o importante que é que a coidemos das agresións que diariamente, por desgraza, padece.

Esta actividade garda relación coa que se está desenvolvendo no Club de Lectura, que xira arredor da relación entre Natureza e Literatura, unha relación presente ao longo da historia literaria.

Os primeiros textos literarios, de carácter mítico, presentaban ao ser humano en relación simbiótica coa natureza: Así aparecía o loureiro, como encarnación dunha Daphne metamorfoseada para fuxir da paixón desaforada de  Apolo

Apollo & Daphne September 2a.jpg

Apolo e Daphne,  Bernini

a Moreira branca, como testemuña do amor inmortal de Píramo e Tisbe; ou a fidelidade de Filemón e Baucis, perpetuada máis alá da morte a través da unión dun carballo e unha tileira:

Paisaje con Filemón y Baucis, de Peter Paul Rubens

A natureza foi en ocasións telón de fondo da poesía amorosa. Así ocorre na nosa lírica medieval, que nas cantigas de amigo nos describe unha natureza bucólica  na que árbores, aves, fontes e ríos eran o marco ideal para o encontro dos namorados:

Ai flores do verde pinho” de Don Dinis

 Así aparece, como locus amoenus, na poesía de Dante ou Petrarca.  Mais a natureza aparecerá tamén como espazo virxe, salvaxe, que hai que dominar, someter, como demostran as historias sobre as conquistas de novos territorios. Os autores románticos intentaron restablecer o vencello esencial coa natureza, que na súa obra a miúdo aparecía como espello da alma atormentada mais tamén como refuxio consolador nun mundo que comezaba a percibirse como un lugar inhóspito, dominado pola ambición e o materialismo.

Viaxeiro fronte ao mar de néboa, de Caspar David Friedrich

E, dende entón, as cousas non fixeron máis que empeorar.  A relación da humanidade co seu entorno natural foi derivando cara á agresión medioambiental, a explotación salvaxe, a procura de recursos a calquera prezo; sen ter en conta que iso puidese implicar o desarraigo de grupos humanos, unha ameaza global para a saúde e o deterioro de espazos vitais para a supervivencia no planeta.

E a literatura estivo aí, e está, para alertar dos perigos que nos espreitan de seguir devastando sen tregua os recursos naturais do planeta e para sensibilizarnos sobre a importancia de coidar o medioambiente.

E chegados a este punto da historia da humanidade, o reto que temos diante é decisivo, pois de non mudar a nosa relación coa natureza é a nosa propia continuidade na terra a que está en xogo.

Por todo isto, é imprescindible  que sexamos quen de ver no seu coidado tanto unha garantía do noso benestar material como do noso benestar físico e espiritual: pois a natureza,  ademais de ofrecernos os seus recursos, tamén é fonte de saúde e de felicidade.  Valorar e coidar a natureza convértenos en mellores persoas, como afirma a poeta Karle Wilson BakerHoxe medrei máis alto por camiñar coas árbores.

A continuación veremos un vídeo de Michael Jackson, que , a través da súa canción Earth song,  lanza un grito de socorro en defensa da natureza:

Finalizamos coa lectura dun fragmento dun poema de Follas de Herba, poemario do escritor americano Walt Withman, quen defendeu na súa poesía -e puxo en práctica na súa vida- a fusión do ser humano coa natureza da que forma parte.

(Procedencia da imaxe)

Eu son o que camiña coa tenra e fecunda noite;
Invoco á terra e ao mar, semiocultos pola noite.
Estréitame contra o teu espido seo, ¡oh, noite!-

Estréitame,noite magnética e sustentadora!
Noite dos ventos sureños! Noite das grandes
e raras estrelas!

Apracible e adormentada noite! Tola, espida
noite estival!
Sorrí, ¡oh terra voluptuosa, co teu fresco alento!
Terra das soñentas e fluídas árbores!

Terra dos moribundos crepúsculos

Terra das montañas
cos seus cumes afundidos na bruma!

Cristalina terra bañada pola lúa chea coa súa claridade
leitosa e azulada!

Terra das luces e sombras pintando a superficie do río!

Terra do límpido gris das nubes

Terra dos afastados e profundos barrancos!

Terra colmada de mazás en flor!
Sorrí, porque aquí está o teu amante!

Pródiga, ti déchesme amor!

Polo mesmo, eu doucheamor!
Oh, indicible e apaixonado amor!

Resultado de imagen de naturaleza y literatura

Procedencia da imaxe

Por outra parte, o poeta Mario Bendetti tamén se fixo eco, nos seus versos, da

necesidade que ten a terra de ser amada, respectada, coidada:

Quedan las cáscaras de la vida

la solidaridad de las columnas

las pausas del escombro

el pavoroso cielo gris

la tierra exasperada

reclama una caricia

que no la olviden

no la oviden nunca

por eso se estremece

de abandono

tan solo si la aman

si la amamos

volverá a concedernos

el perdón del silencio

el amor de la calma

 

O libro do mes: Blasco Ibáñez

O día 29 de xaneiro de 1867 nacía o escritor realista Vicente Blasco Ibáñez. Este ano cumpliría 150 anos. Para celebrar esta data, Pablo preparou unha pequena exposición cos libros do autor que temos na biblioteca. Trátase de Cañas y barro e de Los cuatro jinetes del Apocalispsis.

blasco-ibanez-015

A primeira, de corte naturalista, mostra a vida das xentes da Albufera valenciana. A través da saga familiar dos «Paloma», o lector penetra nese ambiente rural, onde os odios e as paixóns  se mostran con singular maestría e dramatismo. Dentro do ciclo novelesco «valenciano» de Blasco Ibáñez, a obra ofrece unha visión descarnada das relacións humanas nun medio natural rudo e irracional. Na súa loita pola vida, tres xeracións  de unha mesma familia enfrentaranse á miseria con actitudes moi diferentes. Ilustra Blasco Ibáñez as pésimas condicións nas que vivía a sociedade  da Albufera valenciana que era o espello da decadencia española. A partir deste argumento fíxose unha serie de televisión co mesmo  título. Neste enlace podedes vela.

Resultado de imagen de cañas y barro

Con respecto a Los cuatro jinetes del Apocalipsis na cuberta da edición de Akal aparece esta información:

“Blasco Ibáñez narra la historia de dos familias ideológicamente enfrentadas, los Desnoyers y los Von Hartrott, que combatirán en bandos opuestos en la Primera Guerra Mundial. La Guerra, el Hambre, la Peste y la Muerte son los cuatro jinetes de los que el autor se sirve para representar el avance del horror y la desolación que desgarran la Europa inmersa en el conflicto bélico. La novela alcanzó tal éxito mundial que en 1921 “The Illustrated London News” afirmó que era el libro más leído del mundo aparte de la Biblia. Después llegarían las adaptaciones al cine de Hollywood de un relato que trasciende más allá de los límites cronológicos para denunciar la eterna propensión humana a las guerras”.

Este é un fragmento da adaptación cinematográfica da novela dirixida por Vincente Minnelli:

Tamén destaca a obra La barraca. Podedes ver a serie baseada na novela se premedes aquí.

La barraca, serie de TV.

Tamén ambientada en Valencia recrea, dun xeito moi naturalista, como é a vida da Valencia rural de finais do século XIX. Describe con precisón as duras condicións da vida dos campesiños desa época e constitúe un drama social e rural que paga a pena ler para ver, con tristura,  que varios anos despois tampouco cambiaron demasiadas cousas.

O lado feminino da ciencia

Este ano organizamos unha exposición recordando algunhas autoras científicas, normalmente menos coñecidas cós homes que se ocuparon dos mesmos temas. Para un varrido histórico de mulleres científicas exemplares elaborado para a exposición no centro, da antigüidade ao presente, da importancia mundial á española e galega, ir aquí.

Así, na historia da ciencia dominaron os nomes masculinos, pero a ciencia tende a incorporar descubridoras igualando ou superando a aqueles. Así e todo houbo moitas mulleres que fixeron importantes achegas científicas, sobre todo nos últimos séculos, en paralelo á histórica ganancia de dereitos das mulleres e hoxe en día considéranse equiparados en case todos os ámbitos, porque tampouco estamos exentos de discriminación. Neste senso, ao ver os datos, reedítanse vellos tópicos machistas como se a menstruación inflúe, agora na polémica da computación. Pois a pesar de Ada Lovelace e Hedy Lamarr, entre outras, a ver se atopas a liña na que a porcentaxe de graos universitarios concedidos a mulleres baixa claramente e nunca chegou ao 50 %.

Así, para demostrar a universalidade da ciencia feminina, queremos propoñerche aquí un percorrido por catro imaxes de descubrimentos en catro áreas científico-tecnolóxicas diferentes. Deixemos que falen as súas obras. Tan só unha das mulleres homenaxeadas forma parte da exposicón arriba ligada, a ver se a atopas:

Xeoloxía, Química, Bioloxía e Física matemática

Seguir lendo

VISITA DE MARÍA REIMÓNDEZ AO CLUB DE LECTURA IES VAL DO TEA

O pasado día 11 de maio estivo no noso centro a escritora María Reimóndez, para unha charla co alumnado que participa no noso club de lectura

20160511_142720.

O obxectivo de partida era que rapaces e rapazas puidesen formularlle á autora cuestións sobre Caderno de bitácora, un dos varios libros propostos para a súa lectura por parte dos integrantes do club. Debo recoñecer que a proposta deste libro foi un pouco irreflexiva, apremada como estaba por ofrecer unha listaxe previa e guiada pola aparente historia de ciencia ficción que contiña, o que nos ía moi ben, tendo en conta que o fío condutor do club era a literatura de ciencia ficción escrita por mulleres.

20160511_142714

En realidade, Caderno de Bitácora non é un libro de ciencia ficción strictu sensu, pois detrás desa viaxe intergaláctica que a protagonista realiza, ao cargo de variadas misións espaciais, agóchase unha historia na que quedan de manifesto as cuestións que percorren toda a obra desta narradora comprometida, tanto a nivel literario como persoal: o ecoloxismo, as dificultades para conciliar vida sentimental e a independencia persoal, a solidariedade cos máis desfavorecidos, o compromiso coa cultura galega, a denuncia dun sistema patriarcal dentro e fóra das nosas fronteiras,…

20160511_130237

O alumnado tivo ocasión de que María aclarase algunha das dúbidas xurdidas durante a lectura desta obra, que nalgúns casos ofrecera dificultades de interpretación. Un alumnado que estivo moi participativo súas cuestións tanto sobre á forma (Por que botou man dunha linguaxe tan poética? Por que non usaba maiúsculas? ) como sobre contido ( Que significaban os sistemas bipolares? Que representaba Calanda? A que se dedicaba realmente o mariñeiro s ? ). Tamén foron críticos, pois houbo a quen lle pareceu que a historia ficaba demasiado escurecida, que o estilo afogaba ás veces a mensaxe…). E a autora foi respondendo a todo, dende unha proximidade franca, humana.

20160511_130256

E axiña a conversa se ía ampliar a outros títulos da autora: O club da calceta, En vías de extinción (defensa da diversidade), Moda galega (a moda como unha forma de maltrato á muller) , Dende o conflito ( unha reporteira de guerra, Saínza, que debe afrontar en primeira liña os horrores da guerra) ou a recentemente publicada A dúbida.

A autora tamén nos revelou que algúns dos últimos títulos publicados, e outros que ten en mente, son como pequenas teselas que pretenden conformar un mosaico revelador do sentido último das historias entretecidas neles. E tivo a xentileza de propornos unha serie de títulos nos que son os protagonistas da historia, en tantos países maltratados e esquecidos, os que proporcionan a súa propia visión dunha realidade a miúdo deformada pola distancia, o descoñecemento ou, o que sería moito máis grave, intereses pouco respectables.

20160511_142734

En definitiva, nesta charla informal e directa coa autora, o noso alumnado amosou unha madureza que evidencia que contamos no club de lectura con rapaces e rapazas moi interesados na lectura e cunha gran sensibilidade literaria. O que reforza a vontade de manter o club de lectura coma un espazo privilexiado para o encontro do alumnado coas obras, especialmente cando se conta con profesorado entregado á causa (Paco, Xulia, Afonso, Rebeca…), como ocorreu neste curso, con mención especial para Esme, que pon corazón, entusiasmo e entrega en todo aquilo no que participa. Grazas a todos vós (alumnos/as e profes) por facelo posible.

Manuel María na música popular

Este ano, o poeta e escritor de Outeiro de Rei Manuel María (1929-2004) recibe a homenaxe das letras galegas 2016. A biblioteca do Val do Tea dispón de varios libros e material audiovisual de Manuel María, dipoñibles para os seus usuarios, dous libros de poemas: Terra Chá (1954) e Os lonxes do solpor (2012 póstumo de 1993) e a obra de teatro Barriga verde (1973). Tamén hai varios libros sobre o autor, como O Cuco cucou cuqueiro, Conversas con Manuel María…

 

2016-05-25 14.36.29
Foi un escritor en galego moi coñecido polos seus numerosos libros de poemas, que acompañaron os sentimentos e reivindicacións por varias xeracións dunha Galicia que cambiaba rapidamente na segunda metade do século XX. Numerosos autores adaptaron algúns dos seus poemas como cantigas populares, sobre todo acompañado de música tradicional galega. Nós destacamos aquí “O Carro” de Fuxan os Ventos, poema do libro que máis repercusión tivo, a Terra Chá:

Homenaxe do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Val do Tea A NEIRA VILAS

Xose-Neira-Vilas

Ola a todos e todas:

O pasado 14 de decembro fixémoslle unha homenaxe a Neira Vilas. Nese mesmo día estaba previsto que o propio autor visitase o noso centro para encontrarse co alumnado de 2º de Bacharelato. Pero unha convidada inoportuna, intempestiva e ineludible – a Morte- quixo impedir que un dos autores máis entrañables, auténticos e humanos da nosa literatura puidese realizar o seu expresado desexo de falar cos rapaces, pois tiña moitas, tantas cousas que contarlles! Así mo dixo el, por teléfono, na véspera da súa morte, tras terlle eu, uns días antes, proposto adiar a visita para xaneiro; e tras ter conseguido (arrastrada pola súa enerxía, paixón e entusiasmo) fixar o día 14 como data para o encontro. Mellor canto antes- dixera el. Porque en xaneiro teño a axenda moi ocupada…

E nesa derradeira chamada (eu non sospeitaba que sería a derradeira!), na que estabamos puntualizando os detalles da visita, el volvera insistir: teño moito que contarlles aos rapaces e rapazas! Teño que falarlles da gran sorte que teñen por ter unha lingua e unha cultura propias, da que, por desgraza, non sempre se senten orgullosos. E eu compréndoos! Foron moitos anos de menosprezo os que sufriron seus avós, seus pais; de facerlles sentir que a súa lingua valía menos có castelán… Pero eu quero dicirlles que teñen algo valioso que preservar. Quero dicirlles que non só non hai razóns para sentírense avergoñados da súa lingua, senón que hai moitas para sentírense felices de pertencer a un pobo que en circunstancias moi negativas soubo conservar a súa lingua, a súa identidade. E é moi curioso- dicía- que ese sentimento de inferioridade só o sintan os rapaces e rapazas que viven en Galicia: eu a miúdo comunícome con rapaces que estudan galego en Arxentina, en Cuba; nenos que falan galego comigo a través de internet. E fano con alegría, orgullosos de formar parte dunha comunidade espiritual, cultural e lingüística que os seus avós estenderon polo mundo, cando a vida, as dificultades da vida nunha Galicia asolada pola miseria e a falta de liberdade, os levou a atravesar o Atlántico e a botar raíces lonxe da terra onde naceran. Unha terra que nunca esqueceron, que mesmo redescubriron e aprenderon a aprezar en todo o seu valor, precisamente por estaren lonxe dela. Como lle pasara a el mesmo, cando chegou primeiro á Arxentina, despois a Cuba, e entrou en contacto coa comunidade galega emigrante ou exiliada (Castelao, Luís Seoane, Blanco Amor… , e tantos outros que tiveran que exiliarse para fuxir da represión franquista), que intentaba e conseguiu conservar, e mesmo enriquecer, fóra do país, a cultura e a lingua: creando editoriais, publicando libros, organizando actividades culturais… E el atárase a este destino xeneroso, feliz de participar nunha empresa que lle permitía seguir dalgún xeito cos pés e o corazón chantados nesa terra tan amada, e tanto tempo maltratada.

Recibín a triste nova da súa morte durante unha clase cun grupo de bacharelato: viñera traela, desolado, Xóan Carlos, o profe de Plástica, un dos máis entregados promotores da súa visita, xunto con Esme e Cándido. E foi un momento duro, non só por inesperado e imprevisto, senón porque negaba a posibilidade de que o noso alumnado, que estaba a ler Memorias dun neno labrego, puidese recibir da súa propia fonte a experiencia vital dun home, dun escritor, que soubo coma ninguén expresar as vivencias de tantos e tantas nenos e nenas das nosas aldeas nun tempo escuro e difícil. Un tempo no que á carencia de recursos materiais se sumaba o menosprezo que sufrían por seren galego falantes.

Balbino foi unha luminosa creación de Neira Vilas, un espello dignificador que facía evidente que ser da aldea, pobre e galego falante non era ser parvo e coitado, como algunha xente malintencionada ou desarraigada (e, sente unha a tentación de pensar, bastante parva! ), se empeñaba en afirmar.

Trala conmoción inicial, tomamos a decisión de manter a data para o encontro con Neira Vilas. A morte empeñárase en impedilo, pero o amor sempre foi máis forte cá morte. Sería un encontro coa súa voz, coas súas palabras, coa súa vida e obra, en definitiva. E aquí está o resultado: humilde, pero feito con moito amor e respecto. E se me atrevese a ser fachendosa, diría que algo hai nel do que levou o autor a ofrecernos Memorias dun neno labrego.

Moitas grazas a todos/as os que o fixestes posible: alumnos/alumnas (voluntarios e asistentes) profes colaboradores e a todos aqueles que prestastes o voso apoio.

Homenaxe a Neira Vilas