A bordo do Nautilus

Hai cen anos, en marzo de 1917, cruzaba o Atlántico desde EEUU o primeiro submarino da Armada Española, o Isaac Peral (A-O).

Isaac Peral submarine LOC ggbain 22650.jpg

Iniciábase en España a era dos submarinos despois dun longo período de prototipos escasamente usados. Os precedente foron o submarino Peral (1888) e o Ictíneo I, de Narciso Monturiol (1858).

Ictineu I Museu Marítim Barcelona.jpg

 Réplica do submarino Ictineu I (1859) de Narcís Monturiol diante do Museu Marítim en Barcelona.

Asemade, na visionaria novela  Vinte mil leguas de viaxe submariña o autor, Xulio Verne, deseñada o ficticio Nautilus que conduciu ao capitán Nemo polos fondos dos océanos.

A novela foi levada ao cine en 1954 por Richard Fleischer. Velaquí un fragmento da  película 20.000 leguas de viaje submarino

Para celebrarmos este fito da tecnoloxía e da ciencia, este mes exhibimos como libros do mes dous acompañados de senllas películas moi coñecidas sobre o mundo submarino: a mencionada de Verne e a recurrente xoia literaria Moby Dick (1851), esta vez por compartir certo protagonismo os animais que chegan a maiores inmersións: grandes baleas e cachalotes e monstrosos cefalópodos, que posiblemente inspirasen a lenda vikinga do Kraken. Este último é hoxe o segundo nome de varias especies de luras xigantes, coma o Architeuthis dux, ou coma o segundo exemplar que foi visto con vida no mundo despois do xaponés en 2015: a cría malferida fotografada hai poucos meses na ría do Barqueiro. Os seus únicos predadores coñecidos, os cachalotes como Moby Dick, o mesmo que cita Verne entre outras baleas das profundidades. Sabemos por estes lares que o último escritor soñou con financiar grandes empresas cos beneficios de extraer as hipotéticas riquezas somerxidas na ría de Vigo trala batalla de Rande, fixo correr perigos aos seus protagonistas polo estreito de Xibraltar e agora vemos que o alimento de Moby Dick avístase incluso dende a superficie dos mesmos océanos que o intrépido baleeiro Pequod e o avanzado submarino Nautilus percorreron… na imaxinación dos seus autores.