Misión en 1º ESO A

O martes, día 15, comezamos a “misión pedagóxica” en  1º ESO A.

A sorpresa inicial dos rapaces ó atoparse a súa aula decorada co museo ambulante foi evidente, aínda que os fotografiamos de espalda.

Á primeria hora, na que tiñan titoría, presentámoslle a actividade e deixamos tamén na aula a “biblioteca ambulante” (picade sobre a imaxe para ver o contido)

Á quinta hora do mesmo martes os compañeiros de 2º de Bacharelato (Lázaro, Eva, as dúas Saras, Daffny e Luisa) foron a explicarlles  As Meninas, O Guernica, O matrimonio Arnolfini e A Gioconda. Fixérono moi ben a pesar das presas do primeiro día. Dámoslle as grazas a Ángela, a profesora de arte, que nos botou un cable en algún momento da explicación e a Loreto, aínda que “in absentia”,  pola selección musical coa que completamos a explicación. Quedamos á espera de que Berto, o profe de Debuxo,  nos pase as versións que fixeron os alumnos/-as do cadro que máis lles gustou.

Tedes información sobre todos cadros expostos picando sobre o título:

O bodegón de Popova, O Xardín das delicias, O nacemento de Venus, A lección de anatomía, O galo de Chagall.

O mércores na hora de Lingua Castelá os compañeiros do BiblioTea fixeron a estrea da obra de Federico García Lorca, “La niña que riega la albahaca y el príncipe preguntón”.

Esta obriña de títeres de Federico García Lorca, como dicía Esmeralda, a profe de Lingua Castelá e directora do grupo de titiriteiros, ben puido ser representada no marco das verdadeiras misións pedagóxicas da Segunda República, pois o poeta granadino foi un dos intelectuais “misioneiros”.

Mentras os rapaces de 1º A estaban no patio escoitando a Paco, compañeiro do Equipo de Biblioteca e do Equipo de Dinamización Lingüística, que os poñía ó tanto das actividades da bibliotecana súa aula a nosa compañía de titiriteiros apurábanse para ter todo a punto para a estrea…… e despois de preparar todo o atrezzo isto foi o que saíu trala lectura que fixo Carme da vida e obra de García Lorca.

Estupenda actuación por parte dos alumnos/-as do BiblioTea.

Hoxe, xoves, proxectamos a película Amanecer e con ela rematamos a misión en 1º A, aínda que os cadros poderán seguir disfrutando deles ata o luns.Agardamos os comentarios que os alumnos/-as receptores da misión: 1º ESO A, nos vaian facendo chegar. Mentras tanto nós xa imos preparando o traslado da misión para 1º B. Alí estará desde o martes 22.

Advertisements