Empezamos as reunións do Club o 9 de outubro . Fixemos unha presentación dos libros que imos ler, do calendario e horario das reunións e entregamos o primeiro libro Cartas de Amor de Fran Alonso. Aproveitamos tamén para que se coñeceran as/os cinco participantes de 1º e 2º da ESO. Charlamos sobre os nosos gustos literarios e houbo algunha proposta de lectura que teremos en conta. Volveremos venos na reunión do 6 de novembro. Moi boa lectura!