XOGANDO CON ROSALÍA

A biblioteca proponvos un xogo para celebrar o día de Rosalía.

Queredes xogar con nós?

Repartidos polo centro atoparedes anacos de poemas de Rosalía. Buscade a poesía á que pertencen os versos. Escribide nos folios que atoparedes na biblioteca o título da poesía e o nome do libro no que foi publicada. Depositádeo na caixa que atoparedes na biblioteca.
Haberá agasallos para quen máis acerte.

CLUB DE LECTURA BALADAS LITERARIAS (1º E 2º DA ESO)

Moito lemos e calcetamos no curso 2021-2022

Este curso pasado , sen dúbida, os Club de lectura foron os protagonistas do IES Val do Tea. Tivemos catro clubs en marcha!!!!!!!

De acordo coa suxestión realizada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, propuxemos lecturas que contribuísen á revalorización da lingua oral desde dous enfoques: como depositaria da nosa particular forma de entender o mundo e como pretexto para fomentar a práctica da oralidade. Con isto pretendiamos contribuír a un maior coñecemento da nosa tradición e a mellorar as competencias comunicativas do noso alumnado, así como a promover a súa interacción social e a suscitar o debate sobre cuestións de actualidade que lles afectan dun xeito ou outro. Todo isto, sen esquecer un aspecto fundamental: o pracer de ler. Non todas as lecturas se axustaron exactamente ás premisas establecidas previamente, pero cremos que en xeral, abrimos o campo a cuestións de interese e o alumnado participante gozou coas propostas lectoras.

O Club de lectura dos máis pequenos e pequenas, o alumnado de 1º e 2º da ESO, estivo capitaneado pola profe Encarna, que se reunía cos e coas participantes todos os primeiros luns lectivos de mes á hora do xantar. Ademais desenvolveron varias actividades co alumnado do Club de lectura do Fermín Bouza Brey. Unha delas foi o visionado da película Misterios no pazo, na que un membro do Club participa como actor.

O filme, por certo, recibiu varios premios en certames a nivel internacional. Tamén compartimos unha lectura co club do colexio Bouza Brey: Aldara e a lenda do cervo branco, de Inés Vázquez . O alumnado de Primaria compartiu con nós o debuxo e o vídeo da elaboración do mesmo que a ilustradora Inés lles enviou. Alén diso, ambos clubs tamén intercambiamos dípticos de recomendacións lectoras.

Por outra banda, as lecturas que fixemos en 1º e 2º da ESO foron: O achado do Castro, de Núñez Singala, Mitos de Memoria del fuego, de Eduardo Galeano e Cando sangren os lobos, de Adrián Gómez Barros.

A pesar da súa brevidade é unha obra moi grande. Nela, o autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un”latín”un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e… unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante. A peza teatral tamén nos serviu de pretexto para coñecer a cultura castrexa.

Con Eduardo Galeano adentrános nos mitos de Memoria del fuego. O propio autor di que “quise contar historias, las historias de la historia americana, al oído de quien tuviera ganas de escucharlas, a cualquier edad y en cualquier lugar…” Un libro de cuentos sobre el mito de la creación destinado a oídos jóvenes y curiosos que quieran saber cómo nacieron las nubes, el tiempo, los colores, la lluvia, o ¿por qué el cuervo tiene la voz ronca y el oso camina torpemente?…Na revista Babar fálannos así da obra que lemos.

E aquí Galeano explica a diferencia entre mito, realidade e lenda:

Finalmente achegámonos con Adrián Gómez Ramos ata as rúas de Compostela para ver Cando sangren os lobos. Con esta obra o autor gañou o primeiro premio na modalidade de Novela Curta do certame Xuventude Crea.

Hai un asasino solto polas rúas de Compostela e só dous irmáns distanciados tras a morte dos seus pais coñecen os segredos necesarios para detelo. Fernán e Xandre Malvís terán que superar as barreiras autoimpostas entre eles e aprender a confiar o un no outro mentres se enfrontan a un criminal que supera totalmente o raciocinio.Lobishomes, meigas e segredos de antigas familias crean un entramado que, de non ser resolto, porá en perigo as vidas de todos os habitantes da cidade. O tempo corre ata a seguinte lúa chea; cada nova noite pode supoñer unha vítima máis e, un só erro, a perda de todo aquilo que os irmáns consideran digno de protección.

Tamén aproveitamos para escoitar a historia doutro lobis home: o “Cantar de Romasanta” na voz de Luar na lubre.

Os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO tamén se reunían os primeiros luns lectivos de cada mes para compartir xantares e lecturas. A primeira foi Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro. Na sesión, ademais de comentar aspectos significativos da mesma: a crítica da especulación urbanística, o abandono da xente maior, a ambición desmedida, o egoísmo…, visionamos un fragmento dunha representación teatral desta obra levada ás táboas por Teatro do Noroeste.

Nesta obra, e en clave de humor negro, o autor ( e por extensión a compañía que a pon en pé) fai unha radiografía da ruptura entre unha xeración que coidou da terra e outra que ve nela só un medio para obter diñeiro rápido.

Nas seguintes sesións iniciamos o camiño da lectura e da costura. Encetamos o ano facendo Bordados con Marjane Satrapi. Tras ler na casa a obra, na xuntanza falamos dos temas que se abordan no cómic: a situación das mulleres en Irán, a sororidade, a sexualidade…Seguimos tirando do fío e chegamos ata Os rapaces non calcetan, tradución ao galego da obra de T.s Easton.

Nesa ocasión, e debido á temática da mesma, ademais de comentar a novela, os membros do Club de lectura aprenderon a calcetar da man da súa profe de galego, Ana, encargada de guiar ese día a reunión. Segundo di Ana, “ o resultado foi moi satisfactorio, ao mesmo tempo que valoramos a lectura e compartimos opinións, achegámonos ao mundo da calceta, que resultou moi novidoso e interesante para todos os participantes. Tanto é así, que un par de meses máis tarde repetimos a experiencia noutra das sesións do mesmo club”. Efectivamente, a experiencia repetiuse coa lectura de O club da calceta, obra que chegou sen ser buscada, pero non podía haber momento máis oportuno para lela.

smart

Acompañounos na lectura unha ex alumna, Vero Domínguez, que se achegou a xantar e a calcetar connosco. E falamos das historias das mulleres que nos presentou María Reimóndez, libro que xa é un clásico da literatura galega.

No Club tamén leron, axudados pola profe Sara, un libro en inglés, The Picture of Dorian Gray. Durante a sesión, tras facer un breve resumo do mesmo en inglés, tamén compartiron cales foron as pasaxes da historia que máis lles gustaron; alén de debater a parte filosófica da obra escrita por Oscar Wilde. Foi, segundo a mediadora, Sara Vaz, “unha experiencia moi positiva, tanto para os alumnos e alumnas que participaron, como para a profesora. Creouse un vínculo moi interesante durante as exposicións, debates, etc.; e rematar xogando sempre lles gusta. Moi enriquecedor para fomentar o interese do alumnado na lectura (neste caso en lingua inglesa).

Este ano rematamos as sesións de lectura cunha obra de Carlos Negro, que, se ben é máis coñecido pola súa faceta poética, con Non cantan os paxaros neste bosque mergúllase con éxito, no mundo da narrativa. Aquí ofrécenos un conxunto de relatos de intriga e misterio que foi moi ben recibido polo alumnado participante.

Os alumnos e alumnas de Bacharelato tamén tiveron un Club de lectura propio que guiou o profe de galego, Alfonso Díaz. Formado por seis alumnas e un alumno de Bacharelato mais cinco profesoras e seis profesores do Centro IES Val do Tea, foi unha actividade moi gratificante, a xulgar polas impresións dos seus integrantes. Comenta Alfonso que “todos coincidimos en considerar unha experiencia moi positiva, xa que compartimos e debatemos moitos temas de actualidade a partir das ideas presentes nas obras de lectura elixidas para cada trimestre; sen deixar de analizar os diferentes aspectos tratados nas mesmas”.

“A idea xurdiu de unha alumna e un alumno que consideraban inxusto que, despois de estaren todos os cursos da ESO nun Club de Lectura, non tivesen a oportunidade de continuar con esta actividade que tanto lles gustaba. Así pois, coa finalidade de dar continuidade a esta actividade e de satisfacer os desexos destes alumnos, decidimos crear este Club de Lectura”. Nesta ocasión, as lecturas terían lugar de xeito trimestral e acordouse que en cada trimestre se lería unha obra dun xénero literario diferente e que ningún dos membros integrantes tivese lido antes. Para o primeiro trimestre decidiuse, por maioría dos presentes, empezar cunha novela de intriga. Para elixila, creouse un foro na aula virtual do Centro para que cadaquén propuxera os títulos que considerara, así como unha sinopse de cada un. Despois de presentar todos os títulos, nunha data fixada previamente procedeuse á votación (a través do foro) e a obra gañadora foi O que a marea esconde, de María Oruña.

O argumento desta novela xira en torno á investigación da morte de Judith Pombo, encargada de organizar unha homenaxe ao ex-tenista Basil Rallis e que aparece morta no camarote da goleta La Giralda, varada nas augas da baía de Santander. Todos os invitados pasan a ser sospeitosos nun caso de asasinato aparentemente imposible. Nesta historia policial, a tenente galega Valentina Redondo non só terá que resolver o crebacabezas do crime máis estraño da súa carreira senón tamén recompoñer as pezas da súa propia vida.A valoración desta lectura non foi moi positiva, xa que a trama nos parece moi sinxela, mantén pouco a intriga e a tradución non é demasiado boa.

Para o segundo trimestre, despois de propoñer (por maioría) a lectura dunha obra de teatro (na xuntanza do primeiro trimestre) e seguindo o proceder do primeiro, a obra que saíu elixida foi Só un home bo, de Raúl Dans.

Manuel F. Vieites fala así da peza e do autor.

A imaxe está extraída de aquí

Con esta obra dramática, Raúl Dans acadou o premio Laudamuco de teatro na súa segunda convocatoria. Nela condensa, en catorce escenas, un drama familiar e policial, inspirado neses casos de sona mediática, que o autor esculca na profundidade da súa psicoloxía grazas aos recursos da literatura. O autor traslada á Galicia contemporánea unha historia con todo o peso dunha traxedia grega. Non é casual que o pai da vítima mortal sexa profesor de latín e grego, enuncie reflexións filosóficas e estea a traducir Edipo Rei. Un mundo que se contrapón ao aparentemente máis básico das verbenas e as motos, pero no que a cultura ás veces non é quen de poñer freo á barbarie. A axilidade e economía dos diálogos e dous monólogos estarrecedores redondean unha obra que fascina de principio a fin. A valoración desta obra foi moi positiva, a que máis gustou á maioría das persoas do Club de Lectura das tres obras lidas neste curso, pola habilidade na construción da trama, pola condensación de significado en tan poucas páxinas, por como crea a complexidade psicoloxía das personaxes a través dos seus diálogos, pola coherencia no fío condutor da historia, polas reflexións a que nos levou, polo final inesperado e sorprendente, etc.

Finalizamos a actividade deste curso no terceiro trimestre coa escolla (seguindo o mesmo procedemento ca nos casos anteriores) da novela gráfica Fun Home: unha familia traxicómica, de Alison Bechdel, despois de debater na xuntanza do trimestre anterior entre poesía, banda deseñada ou manga.

Imaxe extraída de aquí

Esta obra autobiográfica céntrase na vida de Alison, filla de Bruce Bechdel (profesor de inglés e dirixente dunha funeraria) e que admite, xa na universidade, que é lesbiana. Ao pouco de descubrir que o seu pai tamén é homosexual, este falece nun accidente, e déixalle á súa filla un legado de misterio, complexos e soidade. Alison Bechdel transforma así a súa historia familiar nunha novela gráfica de referencia, de gran profundidade literaria e psicolóxica.

Nesta obra valoramos positivamente a combinación do ton tráxico co humor negro, a complexidade psicolóxica das personaxes, a maneira de contar a historia, a simbiose de texto e imaxe, a calidade da tradución, etc.

A experiencia foi moi positiva. Ademais dos aspectos xa comentados, destacamos o feito de que o alumnado participase na elección das obras de lectura, comprobase a dificultade que supón a súa elección, todas as posibles valoracións que da mesma se poden facer, etc,; así como a interrelación entre alumnado e profesorado.

Como se viu, todo alumnado da ESO e de Bacharelato que así o desexara puido formar parte da equipa de lectoras e lectores que gostan de compartir lecturas, mais este curso tamén quixemos ofrecerlle a posibilidade ás familias dos alumnos e alumnas do centro. Acudiron sete mamás de varios rapaces e rapazas e con elas nos xuntamos en varias ocasións. Os libros elixidos foron, en primeiro lugar As ramonas, de Ana Cabaleiro e Casa de bonecas de Ibsen. Tivo máis éxito a primeira, talvez por ser unha novela, xénero literario que máis se le. A súa lectura deu pé para dar a coñecer, entre outras cousas, a obra de varias fotógrafas que tiveron máis éxito cá protagonista da novela e puideron adicar a súa vida a facer fotografías.

Polo que se refire a Casa de bonecas tamén comentamos o feminismo que está presente na obra, especialmente nese portazo de Nora co que remata a peza. Dende aquí animámovos a ler O que ocorreu despois de que Nora abandonara ao seu home ou os piares das sociedades, da dramaturga austríaca Elfriede Jelinek .

No segundo trimestre lemos poesía e novela. As profes mediadoras ( Dores e Esme) propuxemos a obra poética de Miguel Hernández, poeta limpo e diáfano o que sempre é un gusto ler e querer. Quedan aquí as súas fermosas “Nanas de la cebolla” que lle escribiu ao seu fillo desde o cárcere. Están na voz de Joan Manuel Serrat e emocionan sempre:

Tamén lles ofrecemos a obra Poetízate,antoloxía poética, de Fran Alonso, a modo de camiño polo que andar para coñecer a lírica galega desde os poetas máis clásicos ata os máis modernos. Oxalá fósemos capaces de poetizar un pouco a esas mamás que viñeron compartir connosco o que leron!!

Polo que se refire á novela, lemos La sonrisa etrusca, de José Luis Sampedro. A obra tivo bastante éxito, talvez porque aborda temas universais como o amor entre un avó e un neto, a vida rural, a presenza sempre latente da morte, que fai que o protagonista, o ancián Salvatore Roncone, cabezudo e rosmón queira apreixar a vida que se presenta tan intensa e calmada agora que remata…

Xa para rematar optamos pola compaña de Manuel Rivas e lemos Que me queres, amor e Ela, maldita almahttps://editorialgalaxia.gal/produto/ela-maldita-alma/. Con este “mañuzo” de relatos rematamos os encontros lectores. Así que foi Manuel Rivas quen nos ofreceu “a primeira cereixa do verán” coa que soña o protagonista do primeiro conto de Que me queres, amor. Tamén escoitamos un saxo na néboa e vimos os ollos de Pardal cando levaron ao seu mestre, para pasealo e probablemente matalo. Tres dos relatos deste libro foron levados ao cine por José Luis Cuerda, director de A lingua das bolboretas, filme que está moi, moi á altura dos relatos e sempre toca o corazón cando nos achegamos ata el da man dese mestre que tanto adoraba ensinar na liberdade e na dignidade. Aquí queda o tráiler da película:

E probamos do mel da vella raíña que alza o voo. E así rematamos as nosas lecturas e comezamos o verán: con sabor a mel nos beizos.

A experiencia, de xeito moi resumido, foi moi positiva e os libros propostos deron pé a falar de múltiples temas ( relacións persoais, desigualdade, vida rural/urbana). Ao seren lectoras adultas e de procedencias, profesións e situacións persoais moi diferentes, consideramos que este club ofreceu unhas posibilidades moi interesantes para a socialización, interacción cultural…, que debiamos coidar e repetir.

Club de Lectura IES Val do Tea

curso 2020-21. (1º e 2º de ESO)

O mércores 2 de decembro o alumnado de 1º e 2º de ESO tivemos a presentación do Club de lectura. Nesa reunión falamos dos libros que iamos ler durante o curso e as datas das reunións. Tamén vimos o vídeo da canción Viaje con nosotros da Orquesta Mondragón.

Aquí podes velo:

PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB. Expedición do Pacífico. Marilar Aleixandre.

A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional novela.

Queredes saber algo sobre o papel da muller na sociedade do S. XIX. Tes algunha información nesta ligazón:

https://www.mujeresviajeras.com/prohibiciones-mujeres-siglo-xix-xx/

Nesta revista podedes informarvos sobre a expedición real na que está baseada o libro:

http://revista.mncn.csic.es/nm23/22/

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB. Un capitán de quince años. Jules Verne

Nick Sand es un joven huérfano neoyorkino que desde muy pequeño exhibe dotes marineras, por lo que su “familia de acogida”, armadores estos, lo enrola en el buque-goleta “Pilgrim” de su propiedad, para que vaya aprendiendo el oficio y así llegar a ser un buen capitán. La misión de este buque es la caza de ballenas; al finalizar la temporada de captura, bastante más floja de lo previsto, parten de Nueva Zelanda con destino a San Francisco con la mujer e hijo pequeño del armador, junto con el p rimo y la criada de esta a bordo. Durante la travesía de regreso a casa rescatan del mar a cinco hombres y un perro de un barco que había padecido un abordaje y se encontraba medio hundido. Más adelante se entrecruza por su destino una ballena, por lo que la tripulación, bastante escasa por entonces, ya que al ser fin de temporada habían dejado en sus respectivos puertos al resto de los marineros, decide arriesgarse y darle caza, por lo que embarcan en un bote y la persiguen, sufriendo un dramático a ccidente, viéndose así Nick Sand obligado, al ser el único con conocimientos marítimos del buque, a llevar a buen puerto al resto del pasaje. Pero nuestro protagonista no cuenta con que a bordo viaja un siniestro personaje que con sus malas artes y sabotajes, logra desviar de su ruta al “Pilgrim” dirigiéndolo a las costas de África donde queda embarrancado. Una vez allí, por culpa de este personaje y su secuaz, serán vendidos a una caravana de esclavos, enfrentándose así a un terrible destino.

Instrumentos de navegación do S.XIX:

Neste vídeo podes ver en que países eran capturados os escravos africanos e onde se vendían:

TERCEIRA REUNIÓN DO CLUB. A volta ao mundo en oitenta días. Jules Verne.

Phileas Fogg, un frío gentleman inglés, acompañado de Passepartout, enfróntase coa aposta de que será capaz de dar a volta ao mundo en 80 días. Para demostralo, Fogg xoga 20.000 libras (a metade da fortuna que posúe). Uns días antes da súa partida, en Londres ocorre un roubo nun banco e o detective Fix sospeita de Fogg pola cantidade de diñeiro que leva enriba e pola repentina saída de Inglaterra. Esta viaxe realízase engaiolando o lector co engado de lle procurar resposta a unha pregunta dobre: Estarán de volta dentro do tempo establecido? Será Mr. Fogg o ladrón, tal e como pensa Fix?

Por que Phileas Fogg gaña a aposta chegando tarde?

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1404906850/contido/oPlanetaTerra/resources/LibroDixitalVoltaMundo80Dias/VoltaMundo80Dias.htm

Queres saber quen deu a volta ao mundo seguindo a ruta de Phileas Fogg despois de publicar o libro Jules Verne. Pois entra na seguinte ligazón:

https://www.bbc.com/mundo/noticias-51759675

CUARTA REUNIÓN DO CLUB. El Reino del Dragón de Oro. Isabel Allende.

Apenas unos meses han pasado desde que el joven Alexander Cold siguió a su audaz abuela al corazón del Amazonas para descubrir su bestia legendaria. En esta ocasión, la reportera Kate Cold acompaña a su nieto y a su mejor amiga, Nadia, junto con los fotógrafos de International Geographic, a hacer un viaje a otro lugar remoto del mundo. En un vedado estado independiente enclavado entre las cumbres heladas de los Himalayas, la tarea del equipo consiste en localizar a su legendario Dragón de Oro, una estatua sagrada y un oráculo invaluable que puede predecir el futuro del reino.

En su lucha para llegar a la estatua antes de que sea destruida por la avaricia de un intruso, Alexander y Nadia deben usar el poder trascendente de los espíritus de animales totémicos, Jaguar y Águila. Con la ayuda de un sabio monje budista, su joven discípulo de la realeza, y una feroz tribu de guerreros Yeti, Alexander y Nadia luchan para proteger la sagrada doctrina del Dragón de Oro.

Aquí tes información sobre Os Himalaias:

https://www.geoenciclopedia.com/cordillera-del-himalaya/

Queres saber se realmente existen os Ietis? Pois entra nesta ligazón:

https://www.nationalgeographic.com.es/naturaleza/actualidad/el-abominable-hombre-las-nieves_12122

QUINTA REUNIÓN DO CLUB. Escolma de poesías dos libros Mi vida es un poema de Javier García Rodríguez e Penúltimas Tendencias e Masculino Singular de Carlos Negro.

Esta reunión foi un pouco diferente. Non lemos os libros na casa senón que o fixemos durante a reunión. A coordinadora escolleu os poemas e cada un dos presentes lía mentres o resto escoitaba. Moi boa experiencia!

Mi vida es un poema

En este libro cabe todo. Palabras para usar cada día, para curar heridas, para contar mentiras… En este libro cabe todo. En este libro cabes tú. Un libro de poesía que de tradicional tiene poco.

Algúns dos poemas escollidos:

INSTRUCCIONES PARA

ABRIR ESTE LIBRO

Para abrir este libro
hace falta la llave de la lluvia:
cógela con las manos y no temas
si te mojas con agua o con palabras.

Hace falta la clave del enigma,
el código secreto, el número
que abre de par en par
–de dos en dos se hacen mejor las cosas–
la caja fuerte donde está el misterio.

Hace falta también la contraseña
que ablanda el disco duro,
que permite el acceso
a la escondida cueva del tesoro.

Hace falta la frase misteriosa
que separa las aguas de los mares,
conocer el oculto mecanismo
que cierra las pirámides.

Para abrir este libro
hacen falta las manos y el deseo
de querer que sea nuevo el viejo mundo.

PALABRERÍA

–Quiero un kilo de verbos sin sentido.
–A mí ponme una bolsa de mentiras.
–A mí dame una frase hecha.
–¿A qué aspiras ofreciendo
silencio en vez de ruido?

En la Palabrería, las palabras
son solo una barata mercancía.
Se compran a buen precio cada día
por el valor de unas patatas bravas

SONETO COMPRADO

EN LA PALABRERÍA

Blablabla blablá blablabláblablabla
blablablablá blablá blabláblablabla
bla blablá blablablablablablablabla
blablblabla blablá blabláblablabla.

Blablabla blablá bla blablá blablabla
blablablablá blablá blabláblablabla
bla blablá blablablablablablablabla
blablblabla blablá blabláblablabla.

Blablabla blablá bla blablá blablabla
blablablablá blablá blabláblablabla
bla blablá blablablablablablablabla.

Blablabla blablá bla blablá blablabla
blablablablá blablá blabláblablabla
bla blablá blablablablablablablablá.

Escoita un dos poemas:

Penúltimas tendencias

Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion&cool&chic&sexy.
Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion&cool&chic&sexy.

Entrevista a Carlos Negro no IES Pintor Colmeiro de Silleda con motivo da publicación de Penúltimas tendencias:

Masculino singular

Masculino singular é un corte de sangue no medio do afeitado; unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. Tamén é un diario íntimo que reclama a tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos. Masculino singular é un código aberto aínda inconcluso, que se constrúe máis alá do propio texto, naqueles espazos sociais onde algúns homes aprenden unha lingua sen sufixos de exterminio. Porque nada semella máis urxente que procurar unha saída de emerxencia dese templo onde a virilidade segue a ser o valor máis sagrado da tribo.

Harold Iglesias le poemas de Masculino singular:

Club de lectura IES Val do Tea. curso 2020-21

Para fuxirmos da terra

un libro é o mellor baixel;

e viáxase mellor no poema

que no máis afouto e veloz corcel.

Mesmo o máis pobre pode facelo,

nada por iso ha de pagar:

a alma no transporte do seu soño

nútrese só de silencio e paz.

Emily Dickinson

Como nos di a poeta, un libro é un pasaporte de que nos permite atravesar fronteiras de todo tipo, coñecer distintos lugares, persoas diferentes, modos de vivir singulares…; e sentir emocións, vivir aventuras da man dos personaxes…

Neste curso, fixemos unha viaxe literaria a través dos seguintes títulos:

PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB. Camiños na auga. Manuel Núñez Singala. Mediadora: Dores Pereira.

Nesta novela Manuel Núñez Singala lévanos a través de África acompañando a Szymo, un rapaz albino que abandona a súa aldea natal, próxima ao lago Victoria, fuxindo da terrible persecución que experimentan as persoas que, coma el, teñen unha alteración xenética que lles impide procesar ou distribuír a melanina:

Unha recomendación desta lectura.

Se estás interesada/o en saber máis sobre a situación dos albinos en Africa, podes ver este documental.

Así é como imaxinaron a Szimo algúns dos/das participantes no Club durante esa travesía na que pasou por tantas vicisitudes.

No seguinte vídeo podes escoitar este fermoso canto á igualdade do cantante albino Salif Keita, La difference, na que reinvindica a beleza da diferenza e o dereito a sermos respectadas/os sexa cal for a cor da nosa pel.

Je suis un noir
Ma peau est blanche
Et moi j’aime bien ça
C’est la différence qui est jolie
Je suis un blanc
Mon sang est noir
Et moi j’adore ça
C’est la différence qui est jolie
Je voudrais
Que nous nous entendions dans l’amour
Que nous nous comprenions dans l’amour

et dans la paix
La vie sera belle
La vie sera belle
Eu son un negro
A miña pel é branca.
E a min encántame iso
É a diferenza o que é fermoso
Eu son un branco
O meu sangue é negro
E a min fascíname iso.
É a diferenza o que é fermoso
Eu quixera
Que nós nos entendésemos no amor.
Que nós nos comprendésemos no amor e na paz
A vida será bela
A vida será bela

SEGUNDA SESIÓN: La ciudad de las bestias. Isabel Allende.

Argumento: Cuando su madre enferma, Alexander Cold, a los quince años de edad, es enviado a reunirse con su valiente y severa abuela, una periodista de la revista International Geographic, en una expedición al peligroso y remoto mundo del Amazonas. Su misión, junto con los demás de su equipo, incluyendo un célebre antropólogo, un guía local y su pequeña hija Nadia y un médico, es documentar al legendario Yeti del Amazonas, conocido como la Bestia. Bajo el denso follaje de los árboles selváticos, Alexander se sorprende al descubrir mucho más de lo que podría haber imaginado acerca de los mundos ocultos de la selva tropical y sobre la naturaleza de los humanos. Utilizando la fuerza del jaguar, el animal totémico que Alexander encuentra dentro de sí mismo, y el águila, guía del espíritu de Nadia, los dos jóvenes son guiados por el Pueblo de la Gente de la Neblina- un grupo indígena que posee tanta armonía con su entorno que pueden, literalmente, desaparecer- a un viaje emocionante e inolvidable al asombroso y vasto corazón del Amazonas.

No seguinte vídeo a autora fala da orixe desta historia:

TERCEIRA SESIÓN: Cartas de amor. Fran Alonso. Mediadora: Esme Quiroga.

smart

A presentación do libro fíxose a través dunha carta dos personaxes protagonistas dos contos ao alumnado participante, de maneira que sentisen a sensación de recibir unha carta e poder entender mellor as emocións que ás veces se moven arredor da recepción deste tipo de documento.

O autor preséntanos a súa obra.

Ademais, enriqueceuse coa participación de exalumnos/as de cursos anteriores que tamén asistiran, no seu momento, ao Club de Lectura. Estes e estas estiveron presentes coa lectura (en diferido) de varios textos que abordaban temáticasás tratadas nos contos recollidos na antoloxía. É o caso da lectura do conto “O pai de Migueliño”, de Castelao para abrir a reflexión sobre a emigración , ou “Fogar”, poema de Warsan Shire, refuxiada somalí, que, coma moitas das protagonistas dos relatos, tamén tivo que abandonar o seu país.

Así soa o conmovedor poema “Fogar” na voz da súa autora, Warsan Shire



No one leaves home unless
home is the mouth of a shark

you only run for the border
when you see the whole city running as well

your neighbours running faster than you
breath bloody in their throats
the boy you went to school with
who kissed you dizzy behind the old tin factory
is holding a gun bigger than his body
you only leave home
when home won’t let you stay.


Ninguén abandona o seu fogar, a non ser
que o fogar sexa a boca dunha quenlla.
Ti so corres cara á fronteira
cando ves que a túa cidade tamén o fai.

Os teus veciños correndo máis rápido ca ti
co alento ensanguentado nas súas gorxas
O rapaz co que fuches á escola
que te bicou tímido detrás da vella fábrica
hoxe leva unha pistola maior có seu corpo
Ti só abandonas o fogar
cando o fogar non che permite quedar.

Derradeira sesión: Wolfram, espías e nazis. Alberto Varela. Mediador: Afonso Díaz Sixto.

Wolfram. Espías, nazis e maquis, de Alberto Varela, é unha historia que ten como escenario de fondo a posición de Galicia na II Guerra Mundial, así como a importancia do volframio neste conflito bélico, visto desde a ficción e, en moitas ocasións, dende os propios feitos históricos. A historia xira arredor de W. C. Morgan, destinado na sucursal de The Anglo South American Bank na Coruña. Pero baixo a identidade dun banqueiro agóchase un espía de intelixencia británico coa misión de controlar os movementos nazis na zona, contactar coa guerrilla e iniciar unha guerra comercial que dificulte todo o posible a subministración de volframio á Alemaña do III Reich. Na viaxe coñece a Molly Morrison, unha intrépida espía norteamericana, de nacionalidade irlandesa e que estuda Medicina na Universidade de Santiago, coa que Morgan vivirá diferentes aventuras.

Se queredes saber máis sobre a importancia do Wolfram en Galicia, podedes visionar o seguinte vídeo:

E así chegamos ao final da nosa viaxe!

Parabéns e grazas por compartir esta aventura. Ata o próximo curso!

Apertas de papel

Como sabedes, estamos a vivir momentos difíciles nos que non sempre foi posible abrazar as persoas que amamos. Por que non aproveitar estas datas para escribirlle a un ser querido? Seguro que se alegrará de recibir o teu agarimo.

Correos na Biblioteca

Se te animas, ven á biblioteca e colle: papel, sobres e selos. Logo, ti decides se queres levala ti ao buzón, ou levámoschas nós ao correo ( entón terás que deixar a carta nunha caixiña que atoparás en conserxería).

Boas vacacións e os mellores desexos para o 2021!

O Samaín

Resultado de imagen de samaín

(Procedencia da imaxe)

A festa do Samaín é unha antiga festividade celta que se celebraba o 31 de outubro e marcaba o paso a un novo ano, pois os celtas situaban o comezo do ano coincidindo co que para eles era o comezo da estación sombría, o inverno. Como pobo profundamente apegado á natureza que eran, os celtas dividían o ano en catro estacións asociadas con catro festividades:

Samaín: 1 de novembro. A partir desta data abandonaban os seu labores de pastoreo e sacrificaban animais para conseguir comida e peles que os axudasen a pasar o longo inverno.Imbolc: celebrada o 1 de febreiro, abría un período de transición ao verán.

Beltaín: 1 de maio. Celebraba o inicio dunha estación na que a terra ofrecía o seu seo fertilizador ás sementes.

Lugnasac: 1 de agosto. Con ela agradecíanse os froitos que a terra nai ofrecía neste mes de colleitas.

Ciclos da natureza. Procedencia da imaxe.

A festividade do Samaín era a máis importante para os celtas, pois eles crían que na noite do 31 de outubro se abría a porta do Sidh (alén) que lles permitía aos mortos reunirse cos vivos. Por iso, nos poboados acendíanse numerosas fogueiras que axudasen aos defuntos a atopar os seus parentes e compartir con eles, esa noite, os alimentos e o calor do fogar. Porén, non todos os espíritos eran ben recibidos e, para rexeitar a aqueles considerados malvados, os orixinarios pobos celtas penduraban arredor das casas as caveiras dos inimigos vencidos, cun lume aceso no seu interior. Posteriormente, este costume, que durou parte da Idade Media, foi considerado unha mostra de barbarie e as caveiras humanas foron substituídas polas de animais e, máis tarde, por cabazas baleiradas e talladas simulando a forma dunha caveira.

Ver las imágenes de origen
procedencia da imaxe
Visgo: Planta leñosa e perenne, de follas lanceoladas opostas, flores amarelas e froito en baga, que vive parasita sobre troncos e pólas de árbores. Era a planta sagrada para os druídas.

Entre as actividades relacionadas co Samaín estaba a recollida do visgo na propia noite do 31 de outubro. Os encargados de realizala eran os druídas. O ritual consistía en cortar o visgo cunha fouce de ouro, recollelo nun lenzo branco de liño e elaborar con el pócemas curativas e máxicas. Os druídas eran tamén quen acendían as fogueiras sagradas fretando dúas poliñas de serbal. A seguir, en todos os fogares se apagaba o lume das lareiras para despois, prendendo ramiñas na fogueira sagrada acendida polos druídas, volver prender un lume novo como símbolo do desexado retorno da vida tralo inverno.

Todas estas crenzas e tradicións experimentarán profundos cambios coa chegada do cristianismo que, como en moitos outros casos, vai intentar reconverter as antigas festas pagás en celebracións cristiás. Así pasou co Samaín, que durante o reinado do rei suevo Carriarico pasou a ser denominado “Día de tódolos santos”. Esta nova celebración sería consolidada polo Papa Gregorio XIII, e situada no 1 de novembro. Pero o espírito do antigo Samaín pervive aínda baixo a denominación de Día de Defuntos, día que crentes e non crentes adican a honrar aos seus mortos, a compartir con eles emocións e reflexións e a acenderlles lámpadas e porlles flores, que non son outra cousa que o actual símbolo dos alimentos e da calor que os antigos celtas ofrecían aos seus mortos.

Curiosamente, é esta antiga festa pagá (Samaín) a que dará lugar á celebración anglosaxoa coñecida como Halloween. A denominación “Halloween” procede da expresión inglesa “All Hallow’s day” (Dia de tódolos santos) e dá nome a unha tradición irlandesa enraizada no Samaín celta, que foi levada a Norteamérica polos emigrantes irlandeses. Unha vez alí popularizouse e, coa habilidade xa característica dos americanos para vender, foi reexportada a Europa. Desta maneira pode darse o paradoxo de que un neno ou unha nena galega saiban perfectamente o que é Hallowen e participen activamente na súa celebración, pero descoñezan completamente que no seu pobo, fai centos de anos, xa se celebraba unha festa chamada Samaín, que expresaba unha forma de entender a vida e a morte que aínda hoxe nos caracteriza

Dise que a profunda relación do pobo galego cos seus defuntos ten orixe na cultura celta e na crenza en que na noite do 31 de outubro o veo que separaba o mundo dos mortos do dos vivos era máis fino, e deixábase atravesar facilmente. E desa crenza parecen derivar costumes galegos moi antigos, como deixarlles nesa noite algo de comer na mesa aos defuntos e botar un gran toro de leña para que o lume non se apagase en toda a noite e non pasasen frío. Tamén a prohibición de varrer a cociña pola noite (para non botalos fóra impedíndolles achegarse á lareira) ou pechar de golpe as cancelas e as portas (para evitar facerlles dano). Entre outras das tradicións que se relacionan co culto aos mortos está o antigo costume galego de comer castañas na noite de todos os santos, pois crese que por cada castaña comida hai unha alma que se salva. Neste ritual parecen ter a súa orixe os Magostos.

A recuperación da festa do Samaín é un xeito de evitar que unha tradición que nos pertence desapareza definitivamente debaixo de formas culturais alleas.

Mulleres da cultura

O alumnado do Club de lectura junior leu, no primeiro trimestre, a obra Tam, de Anémona del Río, ex alumna do centro que veu visitar aos seus lectores e lectoras.

Tamén convidamos ao alumnado do Club de lectura do colexo Fermín Bouza Brey, centro onde os e as nosos/as alumnos/as fixeron os seus estudos de Primaria.

Eliximos a obra porque a autora aborda nela un tema non pouco importante para a mocidade: como os cánones de beleza inflúen na nosa vida e nas nosas relacións.

Neste trimestre seguimos tirando do fío da igualdade e imos ler Mujeres de la cultura, de Rosa Huertas, pequenas biografías de mulleres agochadas polo patriarcado imperante.