Cura o mundo

 Esta semana rematamos a actividade de lectura nas aulas. Farémolo escoitando esta canción ” Heal dthe World” de Mickel Jackson que incide na necesidade coidar a terra e crear un mundo mellor no que todos poidamos vivir en condicións dignas:   

Aquí queda a tradución da canción ao galego que fixo Dores:

Hai un lugar no teu corazón

E eu sei que iso é amor

E ese lugar podería ser moito máis brillante que mañá

E se ti realmente o intentas

Verás que non é preciso chorar

Nese lugar sentirás que non hai pesar nin dor.

Hai maneiras de chegar alá,

Se te preocupas abondo pola vida

Faille un pequeno oco,

Crea un lugar mellor.

 

Cura o mundo

Faino un mellor lugar

pra ti e pra min,

e pra toda a humanidade.

Hai persoas morrendo.

Se che importa a vida,

Fai un lugar mellor.

Pra ti e pra min.

 

Se queres saber por que

hai amor que non pode mentir.

O amor é forte, só procura a alegría de vivir,

Se o intentamos, poderemos ver

que nesa graza non podemos sentir

medo ou temor, deixamos de existir

e comeza a vivir.

Entón saberemos que sempre

o amor é suficiente para crecer.

Así que fai un mundo mellor ,

Fai un mundo mellor.

 

Cura o mundo (…)

E o soño que nos concibiu

Revelará un rostro alegre

E o mundo no que un día cremos

Brillará de novo feliz.

Entón, porque seguir afogando a vida?

Pode esta terra,

crucificar a súa alma?

Porén é moi fácil ver

que o mundo é divino

pola graza de Deus.

Poderiamos voar tan alto.

Deixando que o noso espírito non morra xamais.

No meu corazón, sinto que ti es todos os meus irmáns.

Crea un mundo sen medo,

Xuntos, choraremos lágrimas felices.

Mira as nación trocar as súas espadas por arados.

 

Podemos chegar alá.

Se a vida che importa abondo

Faille un pequeniño oco,

pra facer un mellor lugar

 

Cura o mundo (…)

 

Á volta de vacacións de Semana Santa están previstas charlas e a proxección de documentais que nos aproximarán a distintos aspectos da natureza.

Moitas grazas a todas e a todos pola atención que nos prestastes ao longo desta actividade.

A bordo do Nautilus

Hai cen anos, en marzo de 1917, cruzaba o Atlántico desde EEUU o primeiro submarino da Armada Española, o Isaac Peral (A-O).

Isaac Peral submarine LOC ggbain 22650.jpg

Iniciábase en España a era dos submarinos despois dun longo período de prototipos escasamente usados. Os precedente foron o submarino Peral (1888) e o Ictíneo I, de Narciso Monturiol (1858).

Ictineu I Museu Marítim Barcelona.jpg

 Réplica do submarino Ictineu I (1859) de Narcís Monturiol diante do Museu Marítim en Barcelona.

Asemade, na visionaria novela  Vinte mil leguas de viaxe submariña o autor, Xulio Verne, deseñada o ficticio Nautilus que conduciu ao capitán Nemo polos fondos dos océanos.

A novela foi levada ao cine en 1954 por Richard Fleischer. Velaquí un fragmento da  película 20.000 leguas de viaje submarino

Para celebrarmos este fito da tecnoloxía e da ciencia, este mes exhibimos como libros do mes dous acompañados de senllas películas moi coñecidas sobre o mundo submarino: a mencionada de Verne e a recurrente xoia literaria Moby Dick (1851), esta vez por compartir certo protagonismo os animais que chegan a maiores inmersións: grandes baleas e cachalotes e monstrosos cefalópodos, que posiblemente inspirasen a lenda vikinga do Kraken. Este último é hoxe o segundo nome de varias especies de luras xigantes, coma o Architeuthis dux, ou coma o segundo exemplar que foi visto con vida no mundo despois do xaponés en 2015: a cría malferida fotografada hai poucos meses na ría do Barqueiro. Os seus únicos predadores coñecidos, os cachalotes como Moby Dick, o mesmo que cita Verne entre outras baleas das profundidades. Sabemos por estes lares que o último escritor soñou con financiar grandes empresas cos beneficios de extraer as hipotéticas riquezas somerxidas na ría de Vigo trala batalla de Rande, fixo correr perigos aos seus protagonistas polo estreito de Xibraltar e agora vemos que o alimento de Moby Dick avístase incluso dende a superficie dos mesmos océanos que o intrépido baleeiro Pequod e o avanzado submarino Nautilus percorreron… na imaxinación dos seus autores.

As matriarcas do futuro

Onte pola mañá un grupo de alumnas de Literatura Universal (serán tamén Mulleres de ollos grandes, coma as protagonistas dos contos de Ángeles Mastreta) xuntáronse no eirado, ao abeiro, da ameixeira vermella (ben pode metáfora das mulleres que se empeñaron en deixarnos flores, a pesar de que nos quedan aínda moitas por conquistar!!!) para lernos uns poemas que reivindican a forza e loita, silenciosa, en moitos casos, de mulleres cotiás.

 

Algúns dos poemas lidos foron, entre outros  “A xustiza pola man” de Rosalía de Castro, ou o poema ás mulleres labregas (tan esquecidas sempre!!) de Manuel María:

As mulleres galegas -labregas,
mariñeiras, artesás, obreiras,
pasado, pobo, presente,
alma e futuro de Galicia-
non foron cantadas
polos poetas cultos e premiados,
pechados nas súas torres de almasí:
eles, tan sensibles, non podían
adicarlles rondós e madrigales,
sonetos perfetísimos
a donas que falan en galego,
que son a forza do pobo,
porque non teñen xeitos requintados,
deprendidos en colexos elegantes,
nin vestidos fermosos,
nin frases retorneadas
– nunca foron á escola,
nin alternaron tampouco en sociedade –
i as súas maus non se semellan
ás azas dos paxaros,
nin teñen soavidades de veludo:
están encallecidas polo traballo,
son duras como as pedras,
só tenras pro garimo,
con soavidades de mel
pra perdoar e comprender,
pra sementar tenrura e máis amor,
pra arrincar odios.
Remol, 1970
Pechou o acto a lectura de “Matriracas“, de Guadi Galego.

Estas son as futuras mulleres galegas (oxalá que conserven a forza das “Labregas bergantiñanas” ás que canta
Sés) e que manteñan sempre vivo o seu espíritu activista.

Moitas grazas Uxía Bouza, Uxía Casal, Alba Gándara, Alba Pereira, Sheila Núñez, Lía Diéguez, Elisa Gómez e Tamara Pérez,  polos ollos grandes de mirada limpa e combativa!!!!!!

E tamén a ti, Xoán Carlos, polo fermoso cartaz que sostivo as voces das lectoras e que esconde as de moitas outras mulleres que tamén loitan por = é +.

Ollo! Estade atentos e atentas aos carteis dos corredores! Temos moito que cambiar aínda!

Cura o mundo

Esta semana rematan as lecturas nas aulas. Para facelo, ademais de ler, escoitaremos a canción “Heal the World” de Mickel Jackson que incide na necesidade coidar a terra e crear un mundo mellor no que todos poidamos vivir en condicións dignas:

A continuación tedes a canción traducida ao galego por Dores:

Cura o mundo.

Hai un lugar no teu corazón

E eu sei que iso é amor

E ese lugar podería ser moito máis brillante que mañá

E se ti realmente o intentas

Verás que non é preciso chorar

Nese lugar sentirás que non hai pesar nin dor.

Hai maneiras de chegar alá,

Se te preocupas abondo pola vida

Faille un pequeno oco,

Crea un lugar mellor.

 

Cura o mundo

Faino un mellor lugar

pra ti e pra min,

e pra toda a humanidade.

Hai persoas morrendo.

Se che importa a vida,

Fai un lugar mellor.

Pra ti e pra min.

 

Se queres saber por que

hai amor que non pode mentir.

O amor é forte, só procura a alegría de vivir,

Se o intentamos, poderemos ver

que nesa graza non podemos sentir

medo ou temor, deixamos de existir

e comeza a vivir.

Entón saberemos que sempre

o amor é suficiente para crecer.

Así que fai un mundo mellor ,

Fai un mundo mellor.

 

Cura o mundo (…)

E o soño que nos concibiu

Revelará un rostro alegre

E o mundo no que un día cremos

Brillará de novo feliz.

Entón, porque seguir afogando a vida?

Pode esta terra,

crucificar a súa alma?

Porén é moi fácil ver

que o mundo é divino

pola graza de Deus.

Poderiamos voar tan alto.

Deixando que o noso espírito non morra xamais.

No meu corazón, sinto que ti es todos os meus irmáns.

Crea un mundo sen medo,

Xuntos, choraremos lágrimas felices.

Mira as nación trocar as súas espadas por arados.

Podemos chegar alá.

Se a vida che importa abondo

Faille un pequeniño oco,

pra facer un mellor lugar

 

Cura o mundo (…)

 

Á volta de vacacións de Semana Santa están previstas varias charlas e a proxección de documentais que nos aproximarán a distintos aspectos da natureza.

Moitas grazas a todas e a todos pola atención que nos prestastes ao longo desta actividade!!!!

 

Follas de herba


Esta semana iniciamos unha actividade que consistirá en ler unha serie de relatos e poemas (en galego e castelán) nos que a natureza ten un protagonismo especial, e que procuran pór de relevo o decisivo papel que xoga a natureza nas nosas vidas; e o importante que é que a coidemos das agresións que diariamente, por desgraza, padece.

Esta actividade garda relación coa que se está desenvolvendo no Club de Lectura, que xira arredor da relación entre Natureza e Literatura, unha relación presente ao longo da historia literaria.

Os primeiros textos literarios, de carácter mítico, presentaban ao ser humano en relación simbiótica coa natureza: Así aparecía o loureiro, como encarnación dunha Daphne metamorfoseada para fuxir da paixón desaforada de  Apolo

Apollo & Daphne September 2a.jpg

Apolo e Daphne,  Bernini

a Moreira branca, como testemuña do amor inmortal de Píramo e Tisbe; ou a fidelidade de Filemón e Baucis, perpetuada máis alá da morte a través da unión dun carballo e unha tileira:

Paisaje con Filemón y Baucis, de Peter Paul Rubens

A natureza foi en ocasións telón de fondo da poesía amorosa. Así ocorre na nosa lírica medieval, que nas cantigas de amigo nos describe unha natureza bucólica  na que árbores, aves, fontes e ríos eran o marco ideal para o encontro dos namorados:

Ai flores do verde pinho” de Don Dinis

 Así aparece, como locus amoenus, na poesía de Dante ou Petrarca.  Mais a natureza aparecerá tamén como espazo virxe, salvaxe, que hai que dominar, someter, como demostran as historias sobre as conquistas de novos territorios. Os autores románticos intentaron restablecer o vencello esencial coa natureza, que na súa obra a miúdo aparecía como espello da alma atormentada mais tamén como refuxio consolador nun mundo que comezaba a percibirse como un lugar inhóspito, dominado pola ambición e o materialismo.

Viaxeiro fronte ao mar de néboa, de Caspar David Friedrich

E, dende entón, as cousas non fixeron máis que empeorar.  A relación da humanidade co seu entorno natural foi derivando cara á agresión medioambiental, a explotación salvaxe, a procura de recursos a calquera prezo; sen ter en conta que iso puidese implicar o desarraigo de grupos humanos, unha ameaza global para a saúde e o deterioro de espazos vitais para a supervivencia no planeta.

E a literatura estivo aí, e está, para alertar dos perigos que nos espreitan de seguir devastando sen tregua os recursos naturais do planeta e para sensibilizarnos sobre a importancia de coidar o medioambiente.

E chegados a este punto da historia da humanidade, o reto que temos diante é decisivo, pois de non mudar a nosa relación coa natureza é a nosa propia continuidade na terra a que está en xogo.

Por todo isto, é imprescindible  que sexamos quen de ver no seu coidado tanto unha garantía do noso benestar material como do noso benestar físico e espiritual: pois a natureza,  ademais de ofrecernos os seus recursos, tamén é fonte de saúde e de felicidade.  Valorar e coidar a natureza convértenos en mellores persoas, como afirma a poeta Karle Wilson BakerHoxe medrei máis alto por camiñar coas árbores.

A continuación veremos un vídeo de Michael Jackson, que , a través da súa canción Earth song,  lanza un grito de socorro en defensa da natureza:

Finalizamos coa lectura dun fragmento dun poema de Follas de Herba, poemario do escritor americano Walt Withman, quen defendeu na súa poesía -e puxo en práctica na súa vida- a fusión do ser humano coa natureza da que forma parte.

(Procedencia da imaxe)

Eu son o que camiña coa tenra e fecunda noite;
Invoco á terra e ao mar, semiocultos pola noite.
Estréitame contra o teu espido seo, ¡oh, noite!-

Estréitame,noite magnética e sustentadora!
Noite dos ventos sureños! Noite das grandes
e raras estrelas!

Apracible e adormentada noite! Tola, espida
noite estival!
Sorrí, ¡oh terra voluptuosa, co teu fresco alento!
Terra das soñentas e fluídas árbores!

Terra dos moribundos crepúsculos

Terra das montañas
cos seus cumes afundidos na bruma!

Cristalina terra bañada pola lúa chea coa súa claridade
leitosa e azulada!

Terra das luces e sombras pintando a superficie do río!

Terra do límpido gris das nubes

Terra dos afastados e profundos barrancos!

Terra colmada de mazás en flor!
Sorrí, porque aquí está o teu amante!

Pródiga, ti déchesme amor!

Polo mesmo, eu doucheamor!
Oh, indicible e apaixonado amor!

Resultado de imagen de naturaleza y literatura

Procedencia da imaxe

Por outra parte, o poeta Mario Bendetti tamén se fixo eco, nos seus versos, da

necesidade que ten a terra de ser amada, respectada, coidada:

Quedan las cáscaras de la vida

la solidaridad de las columnas

las pausas del escombro

el pavoroso cielo gris

la tierra exasperada

reclama una caricia

que no la olviden

no la oviden nunca

por eso se estremece

de abandono

tan solo si la aman

si la amamos

volverá a concedernos

el perdón del silencio

el amor de la calma

 

O libro do mes: Blasco Ibáñez

O día 29 de xaneiro de 1867 nacía o escritor realista Vicente Blasco Ibáñez. Este ano cumpliría 150 anos. Para celebrar esta data, Pablo preparou unha pequena exposición cos libros do autor que temos na biblioteca. Trátase de Cañas y barro e de Los cuatro jinetes del Apocalispsis.

blasco-ibanez-015

A primeira, de corte naturalista, mostra a vida das xentes da Albufera valenciana. A través da saga familiar dos «Paloma», o lector penetra nese ambiente rural, onde os odios e as paixóns  se mostran con singular maestría e dramatismo. Dentro do ciclo novelesco «valenciano» de Blasco Ibáñez, a obra ofrece unha visión descarnada das relacións humanas nun medio natural rudo e irracional. Na súa loita pola vida, tres xeracións  de unha mesma familia enfrentaranse á miseria con actitudes moi diferentes. Ilustra Blasco Ibáñez as pésimas condicións nas que vivía a sociedade  da Albufera valenciana que era o espello da decadencia española. A partir deste argumento fíxose unha serie de televisión co mesmo  título. Neste enlace podedes vela.

Resultado de imagen de cañas y barro

Con respecto a Los cuatro jinetes del Apocalipsis na cuberta da edición de Akal aparece esta información:

“Blasco Ibáñez narra la historia de dos familias ideológicamente enfrentadas, los Desnoyers y los Von Hartrott, que combatirán en bandos opuestos en la Primera Guerra Mundial. La Guerra, el Hambre, la Peste y la Muerte son los cuatro jinetes de los que el autor se sirve para representar el avance del horror y la desolación que desgarran la Europa inmersa en el conflicto bélico. La novela alcanzó tal éxito mundial que en 1921 “The Illustrated London News” afirmó que era el libro más leído del mundo aparte de la Biblia. Después llegarían las adaptaciones al cine de Hollywood de un relato que trasciende más allá de los límites cronológicos para denunciar la eterna propensión humana a las guerras”.

Este é un fragmento da adaptación cinematográfica da novela dirixida por Vincente Minnelli:

Tamén destaca a obra La barraca. Podedes ver a serie baseada na novela se premedes aquí.

La barraca, serie de TV.

Tamén ambientada en Valencia recrea, dun xeito moi naturalista, como é a vida da Valencia rural de finais do século XIX. Describe con precisón as duras condicións da vida dos campesiños desa época e constitúe un drama social e rural que paga a pena ler para ver, con tristura,  que varios anos despois tampouco cambiaron demasiadas cousas.