Tarabeleando nas letras

O pasado xoves 16 de maio no IES Val do Tea celebramos o día das letras galegas con encrucillados, xogos populares e un escape room sobre Antonio Fraguas. Foi todo un éxito!!! Ata os carballos falaron galego!! Desexamos que o falen, faledes e falemos sempre e non só ese día.

(“Os carballos tamén falamos galego”. Exposición de haikus feitos por alumnos e alumnas de 2º e 1º da ESO)

A biblioteca quixo sumarse á festa das palabras e convidou a Carmen Conde, ao instituto a impartir un obradoiro de escritura creativa no que participou o alumnado de 2º da ESO.

Carmen Conde

(Fotografía tomada de aquí)

Carmen Conde é  filóloga, dramaturga e autora de relatos breves. Tamén é humorista creadora de varios espectáculos. Un dos últimos que montou é “Tabú“. Tamén é mestra de teatro no centro de Daño Cerebral de A Coruña ADACECO. Tamén foi gañadora da I Edición do Slam Poetry Compostela (2018). Ademais, guía inspiracións en centros de ensino.

Velaquí quedan unhas fotos que recollen as caras de inspiración dos rapaces e rapazas:

Nestrouta imaxe temos a Carmen Conde guiando á inspiración:

E aquí, un alumno le a súa creación:

Carme Conde á unha das compoñentes do grupo Tarabela creativa. Descríbense así: Nós somos da terra. Concretamente da terra negra, da húmida, daquela na que se medra. A que é abundante en organismos e que polo tanto está disposta para sementar. A nosa semente non é común. Nós collemos o sacho para facer reguiños ben rectos e cultivar historias. Ás veces a xeito de guión. Outras, a xeito de dramaturxia. Ó final, en calquera caso, sempre está a nosa pequena produción. Que sae da nosa leira para distribuirse con mimo por toda a parroquia. Somos humildes. Somos da terra. Nós somos Tarabela.