Tarabeleando nas letras

O pasado xoves 16 de maio no IES Val do Tea celebramos o día das letras galegas con encrucillados, xogos populares e un escape room sobre Antonio Fraguas. Foi todo un éxito!!! Ata os carballos falaron galego!! Desexamos que o falen, faledes e falemos sempre e non só ese día.

(“Os carballos tamén falamos galego”. Exposición de haikus feitos por alumnos e alumnas de 2º e 1º da ESO)

A biblioteca quixo sumarse á festa das palabras e convidou a Carmen Conde, ao instituto a impartir un obradoiro de escritura creativa no que participou o alumnado de 2º da ESO.

Carmen Conde

(Fotografía tomada de aquí)

Carmen Conde é  filóloga, dramaturga e autora de relatos breves. Tamén é humorista creadora de varios espectáculos. Un dos últimos que montou é “Tabú“. Tamén é mestra de teatro no centro de Daño Cerebral de A Coruña ADACECO. Tamén foi gañadora da I Edición do Slam Poetry Compostela (2018). Ademais, guía inspiracións en centros de ensino.

Velaquí quedan unhas fotos que recollen as caras de inspiración dos rapaces e rapazas:

Nestrouta imaxe temos a Carmen Conde guiando á inspiración:

E aquí, un alumno le a súa creación:

Carme Conde á unha das compoñentes do grupo Tarabela creativa. Descríbense así: Nós somos da terra. Concretamente da terra negra, da húmida, daquela na que se medra. A que é abundante en organismos e que polo tanto está disposta para sementar. A nosa semente non é común. Nós collemos o sacho para facer reguiños ben rectos e cultivar historias. Ás veces a xeito de guión. Outras, a xeito de dramaturxia. Ó final, en calquera caso, sempre está a nosa pequena produción. Que sae da nosa leira para distribuirse con mimo por toda a parroquia. Somos humildes. Somos da terra. Nós somos Tarabela.

A lúa de papel

Mentres os máis pequenos/-as do club de lectura teñen “as cousas claras”(ou, polo menos, van na súa busca), o alumnado do Club de lectura senior segue buscando pistas nas/coas novelas de misterio. Nesta ocasión están a atopalo en A lúa de papel, de Andrea Camilleri.

La luna de papel

Este novo caso de Montalbano, un dos máis turbios aos que se enfrenta o detective, arranca coa desaparición de Angelo Pardo, un solitario e enigmático representante de produtos farmacéuticos. O posterior achádego do seu cadáver en circunstancias moi estrañas plantexa unha cadea de interrogantes sobre el móvil do crime. Montalbano centra a súa atención nas mulleres más cercanas a Angelo: a súa irmá Michela e a súa amante Elena. As súas historias resultan contradictorias e o detective, que sospeita que as dúas agochan algo, esforzase en descubrir que misterio hai detrás do asasinato.

O comisario Montalbano é o protagonista de máis novelas de Andrea Camilleri. Aquí podes ver o primeiro caso do detective:

O apelido de Montalbano é unha homenaxe ao escritor Manuel Vázquez Montalbán (1939-2003), creador do detective Pepe Carvalho, investigador tamén aficionado á gastronomía e á literatura. Cando rematedes con Luna de papel podedes botarlle un ollo ás historias deste último detective. Na biblioteca temos El delantero centro fue asesinado al atardecer.

As cousas claras

O alumnado do Club de lectura senior está lendo este mes unha novela do escritor e profesor Xośe Antonio Neira Cruz. A obra, As cousas claras,  mereceu o premio Merlín de literatura Infantil no ano 2000.

Xosé Antonio Neira Cruz Portrait

(Imaxe extraída de aquí)

Na contracuberta do libro, podemos ler a seguinte información da mesma:

Resultado de imagen de as cousas clarasEn vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacions. ¿Por qué Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipótese dun intento de suicidio. Coa axuda de Afonso, Marga será a encargada de empezar a tirar polo fío dunha historia na que a morte, a violencia, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocresía só poden ser superadas con amor.

 

A novela arranca con estes versos de Lupe Gómez, que teñen bastante relación coa historia:

En vez de saltar

á corda

o meu xogo

era pensar.

A verdade é

demasiado fea

como pra non darlle

patadas.

 

Domus romana

O alumnado de Cultura Clásica de 3º da ESO, baixo a supervisión da profesora Adelia Troncoso vén de crear unhas maquetas de casas romanas.

Nesta páxina podedes atopar información sobre a estrutura das mesmas. Mais, se che dá preguiza, deixamos aquí un pequeno resumo para que lle botes un ollo e imaxines como sería a vida neses domus.

A casa romana tradicional organízase arredor dunha peza central, chamada atrium, á que dan todas as habitacións da vivenda.

O atrium é un patio central a ceo aberto. No centro hai un pequeno estanque (impluvium), onde se recollía a auga da chuvia.

O tablinium era unha pequena sala situada detrás do atrio. É o despacho do propietario da casa e serve de fronteira entre a parte pública e a privada.

Cada membro da familia tiña unha pequena habitación, con unha cama de madeira e un somier de correas de coiro cruzadas, colchóns e roupa de cama.

A familia comía no triclinium,  comedor con tres bancos. Algunhas casas tamén tiñan comedores a ceo aberto, instalados no xardín.

Ademais, adoitaba haber un pequeno xardín rodeado dun peristilo, é dicir, dunha pequena galería de columnas que cubría os catro lados do xardín.

Resultado de imagen de jardín casa romana

(Procedencia da imaxe)

As casas, romanas ou non, tamén foron fonte de inspiración poética. Velaquí unha mostra. Trátase dun poema de Alfonsina Storni:

La Casa 

Circundada por selvas, bajo el cielo
Siempre azulado, nuestra casa era
Algo como el plumón y el terciopelo:
Un tibio corazón de primavera.
Se hablaba quedo en nuestra casa;
Cierto que cobijaba tantas, tantas aves
Que nos salían palabras suaves
Como si las dijéramos a un muerto.

Pero nada era triste; la dulzura
Poníamos tan dócil armonía
Que hasta el suspiro tenue persistía
El mármol blanco de los corredores
Parecía dormir un sueño largo.
Las fuentes compartían su letargo.
Soñaban las estatuas con amores.
Cedían los sillones blandamente
Como un pecho materno, y era fino,
Muy fino el aire, así como divino,
Cuando filtraba el oro del poniente.
(…)

¿Recuerdas tú? La casa era un arrullo,
Un perfume infinito, un nido blando;
Nunca se dijo la palabra cuándo.
Se decía, muy quedo, mío y tuyo.

Día do Libro

Como ben sabedes, o 23 de abril foi o Día do Libro. Sen dúbida, a mellor maneira de celebrar o libro  é ler. E convidar a ler.  Pois ben, nós tivemos un convite á lectura da man dunha autora de libros.

Trátase da viguesa, Isabel Blanco, que veu ao instituto traer un convite de lectura: a da súa última obra, María Vinyals, un talento rebelde. O libro foi ilustrado por Luz Beloso, ilustradora e profesora de Educación Plástica e Visual que deu clase no noso instituto. De feito, Isabel Blanco, estivo acompañada, sen ela sabelo, pola ilustradora da obra, xa que os debuxos do Guernika que están no salón de actos foron feitos polo alumndo do instituto, xa hai anos, baixo a supervisión de Luz Beloso.

Do asesoramento histórico encargouse a historiadora Silvia Cernadas Martínez, que tamén estivo no instituto acompañando á autora.

Resultado de imagen de maria vinyals un talento rebelde

María Vinyals, marquesa de Ayerbe foi unha escritora, articulista e pioneira do feminismo,  nacida en 1875 no castelo de Soutomaior , que, coma tantas outras mulleres foi  inxustamente esquecida. A figura desta singular muller, que pasou boa parte da súa vida no castelo, achégase ao lector/-a a través da voz dunha pantasma que habita na fortaleza. 

Aquí podedes ver un trailer da obra. E na biblioteca tedes varios libros para coller en préstamo.

Benvidas todas as lecturas, pero sobre todo aquelas que nos fan rebeldes!!